PUBLICIDADE

Os Sábados de Baile de Cerceda inician mañá a súa nova tempada

Participantes nunha edición anterior dos Sábados de Baile Social, iniciativa organizada polo Concello de CercedaParticipantes nunha edición anterior dos Sábados de Baile Social, iniciativa organizada polo Concello de Cerceda

Os Sábados de Baile Social volven nunha nova edición ao Concello de Cerceda. Trátase dunha proposta cultural e de lecer pensada para fomentar a convivencia, o encontro veciñal e o goce da música en directo. A iniciativa desenvolverase no local social do Moucho, sempre en horario de 19:00 a 22:00 horas, convertendo este espazo nun punto de referencia para o baile e a participación social.

A programación dos Sábados de Baile comezará este mes de xaneiro, cunha primeira cita mañá día 10 coa actuación do Dúo Élite, e continuará o día 24 co Dúo Charada. En febreiro, o baile social celebrarse o día 14 ao ritmo do Dúo Matices e o día 28 coa música do Dúo Arena. Xa no mes de marzo, o público poderá gozar do Dúo Caramelo o día 14. A actividade manterase tamén en abril, con dúas datas programadas: o 11 de abril, novamente co Dúo Caramelo, e o 25 de abril coa actuación do Dúo Élite. O ciclo pecharase no mes de maio, o día 9, coa presenza do Dúo Lupe.

Desde o Concello de Cerceda anímase á veciñanza a participar nestas xornadas de baile social, que combinan música, entretemento e relacións sociais nun ambiente próximo e accesible, contribuíndo así á dinamización da vida comunitaria e ao uso dos espazos sociais do municipio.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.