PUBLICIDADE

Rois nun bocado! inicia a súa primeira edición esta fin de semana en Urdilde

O Concurso de Tapas Rois nun bocado! sube o pano da súa primeira edición esta fin de semana coa primeira etapa na parroquia de Urdilde.O Concurso de Tapas Rois nun bocado! sube o pano da súa primeira edición esta fin de semana coa primeira etapa na parroquia de Urdilde

O Concurso de Tapas Rois nun bocado! ofrecerá as propostas do Hotel Camiño do Mar e da casa rural Fogar do Selmo, as seguintes etapas recalarán nos locais doutras parroquias do concello

O Concurso de Tapas Rois nun bocado! sube o pano da súa primeira edición esta fin de semana coa primeira etapa na parroquia de Urdilde. Unha iniciativa promovida polo Concello de Rois co obxectivo de promocionar a hostalería do municipio e recoñecer a creatividade dos seus establecementos.

Así, o venres 7, e ata o domingo 9 de novembro, comeza en Urdilde a primeira edición de Rois nun bocado! As persoas que o desexen poderán achegarse ata o Hotel Camiño do Mar ou ata a casa rural Folgar do Selmo para saborear as súas propostas de petiscos e tapas. O primeiro ofrecerá unha paella de marisco, mentres que o segundo participará no certame coas súas tortiñas celtas, en dúas versións: unha con presa de porco celta á grella con pan e alioli caseiro, e outra con panceta de porco celta e pan.

Rois nun bocado! continuará noutras zonas do municipio

Rois nun bocado! continuará as dúas seguintes semanas noutras tantas zonas do municipio. En Augasantas, do 14 ao 16 de novembro, participarán a Taberna Angueira e o Restaurante Casa Benjamín; e en Oín, Rois, Seira e Sorribas, farano o Café-bar A Lúa, o Café-bar Malecón, a Taberna O Pemento, o Bar Muelle Rois e o Restaurante Val de Rois entre o 21 e o 23 de novembro.

PUBLICIDADE

O prezo das tapas é de 2 euros. Os clientes maiores de 18 anos poderán participar no sorteo de tres vales de 100 euros para gastar nos establecementos adheridos sempre e cando completen polo menos tres selos de dúas zonas diferentes. En cada local poderán facerse co tríptico no que deberán poñer os seus selos e tamén votar pola súa tapa favorita.

As tapas máis votadas decidirán os establecementos gañadores dos tres premios do concurso de Rois, dotados con 300, 250 e 150 euros. Recibirán, ademais, unha placa acreditativa.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.