PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Presentación do III Talentos by Abril no Mercado de Abastos en Santiago que busca aos novos talentos da cociñaPresentación do III Talentos by Abril no Mercado de Abastos en Santiago que busca aos novos talentos da cociña do norte e centro de España

O III Talentos by Abril, que foi presentado en Santiago, reafirma a súa aposta polos novos chefs e suma tres novos centros de FP de Madrid e Valladolid

A terceira edición do certame Talentos by Abril, que busca resaltar o talento dos futuros chefs, botou a andar onte martes, 21 de xaneiro, en Santiago, cunha presentación que se desenvolveu no Mercado da Praza de Abastos compostelá, e que contou coa directora de márketing de Aceites Abril, Elena Pérez Canal, co chef estrela Michelín Iñaki Bretal (Restaurantes O Eirado da Leña e Anda), así como co cociñeiro Miguel Mosteiro do Grastrolab Arousa, entre outros.

A presentación do III Talentos by Abril deu o pistoletazo de saída a un certame dirixido aos estudantes (de entre 18 e 38 anos) do Ciclo Medio de Cociña e do Ciclo Superior de Dirección de Cociña I e II dun total de 16 centros públicos de Formación Profesional de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Castilla y León e Madrid, dos que oito pasarán á final, o venres 14 de marzo no Centro Superior de Hotalería de Galicia en Santiago. Os finalistas terán que elaborar os seu pratos en directo ante un xurado profesional.

Neste III Talentos by Abril súmanse, aos 13 participantes da anterior edición, tres novos centros de Formación Profesional pertencentes a Madrid e Valladolid, segundo informou Elena Pérez Canal durante a presentación, na que incidiu na volta ao Mercado de Abastos para subir o pano desta nova edición do certame de novos talentos, no que é unha aposta clara polos produtos de proximidade con selo de calidade.

PUBLICIDADE

A filosofía e o espírito de Talentos by Abril é poñer en valor as auténticas despensas do mar e do campo que supoñen os mercados no noroeste, incidindo na importancia de utilizar aceites de calidade superior, pero tamén en consolidarse como o concurso de gastronomía referente do norte de España” (Elena Pérez Canal, directora de Márketing de Aceites Abril).

Máis de 45 novos chefs aspiran a conseguir o galardón nesta edición de Talentos by Abril, un premio que permitirá ao gañador ou gañadora obter unha beca de estudo para realizar o Curso Superior de Chef en Cociña e Pastelería no Centro Superior de Hostalería de Galicia. Mais só oito de eles, acompañados polos seus profesores, viaxarán ata Santiago para mostras as súas cualidades nos fogóns na gran final de marzo.

Talentos by Abril terá tres fases para escoller os finalistas

Talentos by Abril desenvolverase en tres fases. En primeiro lugar, Aceites Abril impartirá unha Masterclass formativa na que o alumnado dos 16 centros participantes poderá catar as diferentes variedades de aceite de oliva virxe extra así como as súas aplicacións.

Os participantes neste III Talentos by Abril deberán cociñar unha receita de elaboración propia na que se inclúan os aceites de oliva virxe extra de Abril e produtos amparados na D.O.P./I.G.P. ou en selos de calidade do norte e centro de España. Cada escola seleccionará un máximo tres alumnos para participar na preselección. Esta correrá a cargo dun xurado, composto por profesionais vencellados a Aceites Abril e un profesor de cada centro, quen elixirá a un estudante, é dicir, un total de 16.

Presentación do III Talentos by Abril no Mercado de Abastos en Santiago que busca aos novos talentos da cociña do norete e centro de España

Posteriormente, un xurado de Aceites Abril e un xurado técnico seleccionarán as 8 escolas que pasarán á final no Centro Superior de Hostalería de Galicia. Estes 8 finalistas terán dúas semanas para perfeccionar as súas elaboracións, que deberán presentar en directo o venres 14 de marzo.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.