Xavier Castro, un dos maiores especialistas en cultura gastronómica e vitivinícola de Galicia presenta a súa obra no marco do Salón Xantar que se desenvolve en Expourense
Xavier Castro, considerado un dos maiores especialistas na cultura gastronómica e vitivinícola de Galicia e membro da Real Academia Galega dá Gastronomía presenta mañá sábado 22 de novembro (13:15 horas), no marco do Salón Xantar que se está a desenvolver en Expourense, o seu libro Los grandes vinos gallegos, e que publica Ézaro Edicións.
A presentaciónde Los grandes vinos de Galicia, no que Xavier Castro fai un percorrido polas cinco Denominacións de Orixe, polas cinco Indicacións Xeográficas Protexidas e polos proxectos emerxentes de Galicia, contará coa participación da senadora do PP, Carmen Leyte, do catedrático de literatura comparada, Chema Paz, e da editora, Ana Díaz.
O libro de Castro ofrece unha panorámica moi completa da historia do viño, un produto estrela pola gran calidade e recoñecemento alcanzado, que foi esencial tanto no terreo da agricultura, na modalidade vitivinícola, como na sociabilidade. Esta obra afonda nas relevantes funcións que desempeñou a cultura do viño no mundo tradicional.
O viño achegaba calidade de vida, debido a que era un alimento, un estímulo, un medicamento, unha forma de calefacción interior no inverno e un refresco no caloroso verán, un ingrediente esencial na relación social (a taberna) e tamén na festa e no amor” (Xavier Castro, autor de ‘Los grandes vinos gallegos’)
Los grandes vinos gallegos propón un percorrido profundo e documentado pola historia, as variedades, as paisaxes e as persoas que converteron a Galicia nun territorio vinícola de prestixio internacional. Co seu habitual rigor, Castro ofrece unha visión global do sector que combina análise, contexto histórico e divulgación accesible.
A posta de longo do libro, Los grandes vinos gallegos de Xavier Castro, terá lugar este sábado 22 de novembro en Expourense, durante o Salón Xantar na Aula de Cata (13:15 horas). O acto incluirá unha conversación co autor, firma de exemplares e un espazo de intercambio con profesionais do viño e da gastronomía.





