PUBLICIDADE

A 44ª Carreira Popular de Pascua de Padrón é para Tina Fernández e Nicolás Domínguez

O podio absoluto da 44ª Carreira Popular de Pascua que se disputou a pasada fin de semana en PadrónO podio absoluto da 44ª Carreira Popular de Pascua que se disputou a pasada fin de semana en Padrón

A 44ª Carreirta Popular de Pascua contou na liña de saída con preto de 700 deportistas e o Atletismo Sar revalidou o título de club con maior participación

A 44ª Carreira Pedestre de Pascua do Concello de Padrón, que forma parte do programa de festas municipal, desenvolveuse o pasado sábado 19 de abril condicionado pola choiva, mais tomaron a saída case 700 atletas nas diferentes categorías. A corredora do SD Compostela de Atletismo, Tina Fernández Barreiros, e o deportista do Club Atletismo Sar, Nicolás Domínguez García, foron os primeiros en chegar á liña de meta proclamándose campións desta nova edición da proba.

Así, Tina Fernández subiuse ao máis alto do podio na categoría feminina despois de para o crono cun tempo de 52:09 minutos, 18 segundos máis que Silvia García Lorenzo (Club Atletismo Noia) que foi segunda cun tempo de 52:27 minutos, e da triatleta padronesa Martina López Gestal, tamén da SD Compostela, que foi terceira parando o cronómetro en 52:31 minutos e recibiu o premio á mellor atleta local.

No grupo masculino, Nicolás Domínguez proclamouse vencedor absoluto cun tempo de 43:29 minutos. Completaron o podio, Francisco Javier Ascanio (43:34 minutos) e o atleta local Martín Lestido (43:38 minutos), do CA Sar, que revalidou o recoñecemento como mellor padronés da proba, igual que na pasada edición.

PUBLICIDADE

O atleta máis veterano en completar a carreira nesta nova edición da Carreira Popular de Pascua foi o ferrolán Jesús Bernal, que aos seus case 78 anos segue a demostrar a súa paixón polo atletismo, sumando quilómetros e participacións en probas por toda Galicia. Na clasificación por clubs, o Club Atletismo Sar volveu ser o equipo con maior número de participantes e acadou tamén o primeiro posto como mellor conxunto, por diante da SD Compostela e do Triatlón Vilagarcía.

Saída da proba absoluta da 44ª Carreira Popular de Pascua que se disputou a pasada fin de semana en Padrón
Saída da proba absoluta da 44ª Carreira Popular de Pascua que se disputou a pasada fin de semana en Padrón

Gañadores da Carreira Popular de Pascua por categorías

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.