PUBLICIDADE

A primeira ruta cicloturista BTT ‘Arzúa, destino verde’ a punto da súa estrea

A primeira ruta cicloturista BTT 'Arzúa, destino verde' case lista para a súa estreaA primeira ruta cicloturista BTT 'Arzúa, destino verde' case lista para a súa estrea

O Concello de Arzúa está últimando os detalles para poñer en marcha esta ruta cicloturista BTT que permitirá aos ‘riders’ desfrutar do deporte e dos tesouros naturais, culturais e paisaxísticos do municipio

A primeira ruta cicloturista BTT Arzúa, destino verde xa está case lista para a súa estrea, segundo informou o departamento de Turismo do Concello, que incidiu en que se trata dun proxecto innovador pensado para destacar os tesouros naturais, culturais e paisaxísticos do municipio, “reafirmando o noso compromiso co turismo sostible, o deporte e o coidado do noso patrimonio”, explicou a concelleira de Turismo, Begoña Balado.

A ruta cicloturista de mountain bike permitirá aos ciclistas percorrer camiños fóra das estradas convencionais, explorando as áreas rurais e os accesos á natureza e na que poderán descubrir as riquezas de Arzúa dun xeito activo, integrador e sostible.

A primeira ruta cicloturista Arzúa, destino verde, segundo informou Begoña Balado, está prevista para desenvolverse a finais do mes de maio, cun percorrido de 36 quilómetros que “serpentean entre paisaxes que capturan o espírito e a beleza de Arzúa”. Unha ruta pensada, ademais de para os amantes do ciclismo, para promocionar unha oferta turística duradeira e accesible durante todo o ano para aqueles que queiran explorar, individualmente ou en grupo, a riqueza paisaxista e cultural do municipio.

PUBLICIDADE

A través da Ruta Cicloturista BTT ‘Arzúa, destino verde’, buscamos conectar á xente coa inigualable beleza de Arzúa de forma activa e consciente. Este novo recurso promoverá o turismo durante todo o ano e destacará a nosa dedicación ás prácticas de turismo responsable e sostible” (Begoña Balado, concelleira de Turismo)

Este lanzamento da ruta cicloturista Arzúa, destino verde contará tamén con instalacións permanentes como paneis informativos no núcleo urbano, que proporcionarán acceso a unha versión dixitalizada da ruta xunto con toda a información necesaria para a súa relaización.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.