A Volta Feminina by Carrefour.es subiu o pano da súa edición 2026, a cuarta da súa nova historia, no Auditorio Municipal de Ribeira. A proba ciclista contará con sete etapas que se disputarán entre o domingo 3 e o sábado 9 de maio, arrincando desde Galicia para culminar no asturiano Alto de L’Angliru.
A Volta a España Feminina 2026 promete un enorme espectáculo mercé a un percorrido moi duro e particularmente propicio para as escaladoras. A ouro olímpico e vixente campioa do Tour de Francia, Pauline Ferrand-Prévot, xa confirmou a súa presenza na carreira. Tamén o fixeron a súa lendaria compañeira de Visma-Lease a Bike, Marianne Vos; a estrela belga Lotte Kopecky (SD Worx-Protime); a poderosa suíza Marlen Reusser, líder de Movistar Team e segunda na xeral final do ano pasado; ou as referentes españolas Mavi García e Paula Blasi, do UAE Team ADQ.
A Volta Feminina 2026 comeza en Marín
Galicia acollerá as catro primeiras etapas da Volta Feminina 2026, nas cales será tanto escenario como protagonista; e é que as estradas galegas son reputadas por apenas ofrecer descanso ás pernas, cun constante sobe e baixa resumido nos case 8.000 metros de desnivel positivo que deberán salvar as ciclistas en pouco máis de 450 quilómetros.
Tanto a xornada inicial entre Marín e Salvaterra de Miño, en Pontevedra, como a segunda entre Lobios e San Cibrao das Viñas, en Ourense, inclúen dificultades tanto ao longo do seu percorrido como no terzo final que impedirán unha chegada masiva; e outro tanto se pode dicir a cuarta xornada entre Monforte de Lemos e Antas de Ulla, en Lugo, cuxo final picará cara arriba. A mellor oportunidade para as velocistas chegará o terceiro día, entre Padróny A Coruña.
Outra capital de provincia, León, oficiará como saída para a quinta etapa; a priori, a máis sinxela de toda a semana tendo en conta que os seus 119 quilómetros non presentan grandes dificultades orográficas… pero si existirá a ameaza do vento, que xa esnaquizou o pelotón na etapa leonesa da Volta Feminina 2025 entre Becerril de Campos e Baltanás.
As etapas da Volta Feminina 2026
- Domingo 3 de mayo, 1ª etapa: Marín > Salvaterra de Miño (113 km)
- Lunes 4 de mayo, 2ª etapa: Lobios > San Cibrao das Viñas (109 km)
- Martes 5 de mayo, 3ª etapa: Padrón > A Coruña (121 km)
- Miércoles 6 de mayo, 4ª etapa: Monforte de Lemos > Antas de Ulla (115 km)
- Jueves 7 de mayo, 5ª etapa: León > Astorga (119 km)
- Viernes 8 de mayo, 6ª etapa: Gijón/Xixón > Les Praeres. Nava (106 km)
- Sábado 9 de mayo, 7ª etapa: La Pola Llaviana/Pola de Laviana > L’Angliru (132 km)








