PUBLICIDADE

Arón Ayude logra dous títulos continentais na I Copa de Europa de Kickboxing en Atenas

Arón Ayude no máis alto do podio da I Copa de Europa de Kickboxing, do circuíto mundial WAKO, no que logrou dous títulos continentaisArón Ayude no máis alto do podio da I Copa de Europa de Kickboxing, do circuíto mundial WAKO, no que logrou dous títulos continentais

A Escola Ayude de Arzúa tamén conseguiu, cos seus equipos escolar e infantil, un total de sete medallas e a clasificación para o Nacional, nos Campionatos Galegos de Loita Olímpica en Lugo

Arón Ayude, deportista da Escola Ayude de Arzúa, acudiu a finais do mes de xaneiro á primeira edición da Copa de Europa de Kickboxing, que forma parte do circuíto mundial WAKO e que se disputou na capital grega de Atenas. O deportista mostrou unha vez máis a súa gran progresión tras o seu concurso, logrando un doblete, coas medallas de ouro nas modalidades lightcontact e kicklight (Tatami Sport).

Por outra banda, os deportistas da modalidade de loita olímpica da Escola Ayude de Arzúa participaron, a pasada fin de semana en Lugo nos Campionatos Galegos, nunha cita que batiu o récord de participación co rexistro dun total de 180 inscricións.

Á competición, que se emitiu en streaming, acudiron os equipos escolar e júnior dirixidos polos adestradores Arón Ayude e Daniel Sobrado. Os resultados non puideron ser mellores, xa que os loitadores conseguiron dúas medallas de ouro (Noelia e Xeila), dúas pratas (Nora e Denis) e tres bronces (Naia, Fernanda e Anxo) ademais de lograr como tercerios a clasificación directa para o Campionato de España que terá lugar no mes de marzo.

PUBLICIDADE
Os deportistas da Escola Ayude tras lograr sete medalla e a clasificación para o Nacional nos Campionatos Galegos de loitas olímpicas
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.