PUBLICIDADE

As Aulas Sénior de Padrón ofertan novas actividades deportivas en xuño e xullo

Unha das andainas da Ruta Rosalía nos Camiños organizada polo Concello de Padrón no ano 2022Unha das andainas da Ruta Rosalía nos Camiños organizada polo Concello de Padrón no ano 2022

As Aulas Sénior de Padrón ofrecerán actividades deportivas de ximnasia de mantemento e andainas saudables dirixidas aos máis maiores e que teñen como obxectivo promover hábitos de vida saudable e o envellecemento activo

O Concello de Padrón, en colaboración con ATEGAL, organiza o novo ciclo de actividades deportivas dirixidas á poboación sénior do municipio que se desenvolverán durante os meses de xuño e xullo dentro do programa das Aulas Sénior de Padrón.

A proposta de actividades deportivas inclúe dúas modalidades pensadas para fomentar o benestar e a vida activa. Así, a ximnasia de mantemento oferta dúas opcións horarias: un primeiro grupo os luns e mércores de 9:15 a 10:15 horas, e un segundo os martes e xoves de 9:15 a 10:15 horas. Cada grupo contará cun máximo de 30 prazas.

Por outra banda, as andainas saudables do programa de actividades deportivas terán lugar todos os martes e venres, durante estes dous meses, en horario de 9:00 a 10:30 horas, tamén con 30 prazas dispoñibles.

PUBLICIDADE

Todas as persoas interesadas poderán formalizar as súas inscricións a partir de mañá xoves 15 de maio no Centro SocialAulas Sénior de Padrón (Campo do Souto nº 2) ou ben chamando ao número de teléfono 981 811 329. O prezo da actividade é de 5 euros por persoa.

Dende o Concello de Padrón indican que esta iniciativa ten como obxectivo promover hábitos de vida saudable, a socialización e o envellecemento activo, ofrecendo espazos de encontro e coidado físico nun ambiente próximo e adaptado ás necesidades da veciñanza de maior idade.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.