PUBLICIDADE

Comeza a 22ª Liga Local de Fútbol Sala de Arzúa coa apertura das inscricións

Entrega de trofeos na pasada edición da Liga Local de Fútbol Sala do Concello de ArzúaEntrega de trofeos na pasada edición da Liga Local de Fútbol Sala do Concello de Arzúa

A Liga Local de Fútbol Sala de Arzúa, que se retomou o ano pasado tras a interrupción pola Covid-19, manterá ata o vindeiro 14 de marzo o prazo de inscrición aberto

O departamento de Deportes do Concello de Arzúa vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición para participar na 22ª Liga Local de Fútbol Sala, que se retomou o ano pasado tras o parón pola pandemia da Covid-19. Os interesados en participar na liga, aberta a todos os equipos do municipio e da súa contorna, deben formalizar as súas inscricións antes do vindeiro 14 de marzo.

Para inscribirse nesta 22ª Liga Local de Fútbol Sala de Arzúa, ou obter máis información, as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 981 500 222. Dende a Concellería de Deportes animan a toda a veciñanza a participar, independente do nivel, mantendo sempre o espírito de deportividade e o fair play que caracteriza ao torneo.

O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, salientou a importancia desta iniciativa para a dinamización da vida municipal. “O deporte é unha práctica clave que axuda a fortalecer os lazos sociais, fomentar hábitos saudables e dinamizar a vida do noso concello. A Liga Local de Fútbol Sala converteuse nunha tradición en Arzúa, promovendo a participación e o espírito de equipo entre a nosa veciñanza”.

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.