PUBLICIDADE

A I Gala do Trail Running Galego premiou aos mellores da tempada en Bertamiráns

A I Gala do Trail Running Galego encheu o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, en Ames, para premiar aos mellores deportistas e clubs da tempada

A primeira Gala do Trail Running Galego, organizada pola Federación Galega de Atletismo (FGA) na Casa da Cultura de Bertamiráns no Concello de Ames, fixo un recoñecemento ao traballo e aos méritos colleitados ao longo da tempada polos mellores deportistas e clubs nas diferentes modalidades do Trail Running galego.

Cun auditorio no que se completou o aforo, a I Gala do Trail Running Galego serviu ademais para a presentación dos diferentes eventos e novidades de cara ao primeiro treito da tempada neste 2025, nun acto no que participaron o presidente da FGA, Iván Sanmartín; o alcalde de Ames, Blas García ou a concelleira de Deportes, Susana Señorís, así como os concelleiros dos distintos partidos da Corporación municipal.

O responsable do trail running da Federación Galega de Atletismo e da organización desta primeira gala da especialidade, Iván Sangiao, destacou que esta modalidade deportiva está de moda en Galicia, segue crecendo, e anunciou moitas novidades moi importantes que se desenvolverán ao longo do 2025.

PUBLICIDADE

Dende o Concello apoiamos esta modalidade do atletismo celebrando cada ano o Trail e Andaina Ribeiras do Tambre, que xa é unha proba consolidada en Ames, e que todos os anos ten unha gran acollida. Este trail non é só unha competición deportiva, senón que tamén serve para dar a coñecer o noso concello e o seu patrimonio natural” (Susana Señorís, concelleira de Deportes de Ames)

O rexedor Blas García destacou que “para o Concello foi unha satisfacción acoller esta I Gala do Trail Running Galego na que se recoñeceu o traballo e o esforzo de todas e todos os deportistas que practican esta especialidade”, e incidiu en que “en Ames, ademais, celebramos unha proba xa consolidada no calendario galego como é o Trail Ribeiras do Tambre, e tivemos tamén un campión galego no ano 2022, o veciño de Ortoño Dani Paz“, finalmente o alcalde afradeceu a confianza da Federación Galega de Atletismo, e do seu presidente Iván Sanmartín e Iván Sangiao.

I Gala do Trail Running Galego
CategoríaRelación de galardoados e galardoadas
Top3 verticalRuben Insúa (At. Sar), María Martínez (At. Porriño), Marcos Pascual (Biosbardo), Tamara García (Biosbardo), Jesse Jesús Carro (At. Arenteiro), Lucía Peón (At. Arenteiro).
Top3 classicMaría Martínez (At. Porriño), Federico Losada (Biosbardo), Rosa Araujo (Burgas Ou.), Rubén Insúa (At. Sar), Carla Trillo (Ría de Foz) e Marcos Pascual (Biosbardo).
Top3 maratónMaría Martínez (Porriño), Moncho Muiño (C.A.Sada), Charo Figueroa (Samertolameu), Diego Míguez (Independente), Belén Riádigos (Independente) e Marcos Pascual (Biosbardo).
Líderes Ranking classic 2024Miguel A. Castro (Serres), Paula Fernández (S.D Compostela), Jesus García (Triki Team) Sandra Gonzalez (At. Lucense), Eloy Martínez (Independente), Julia Salvado (S.D Compostela), Hugo García (At. Portugalete), Martín Fontán (At. Porriño), Rosa Araujo (Burgas Ou.), Marcos Pascual (Biosbardo), Beatriz Barroso (At. Noia), Federico Losada (Biosbardo), Laura Felípez (At. Arteixo), Emilio Montilla (Biosbardo), Aurora González (Pinarium), Manuel González (Barbantia-A Roda), Raquel Estévez (Pinarium) Saturnino Gonzalez (Ourense At.), Manuel Suárez (Vet. Samil) e Araceli Veiga (C.A. Cambados).
Premios especiaisEloy Martínez e Sandra González.
Premio ao mellor xuízJose Saturnino Molares.
Premio ao mellor trailTrail Terra de Burón de A Fonsagrada.
Premio á mellor xestión informativaTrail Cova da Bruxa (Muros).
Premio á mellor xestión medioambientalTrail das Bestas (Muras).
Premio á mellor integración dos percorridosCastro Caldelas Vegan Trail.
Premio á mellor xestión da seguridadeVertical o Sacauntos de Vilamartín de Valdeorras.
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.