Os IV Premios Alfredo Iglesias, en lembranza do artista ourensá, entregan mañá os recoñecementos ao labor cultural e ao compromiso social de persoas e entidades nunha gala no Hotel Congreso
Os IV Premios Alfredo Iglesias, que recoñecen o labor cultural e o compromiso social de persoas e entidades, entregan mañá xoves os 18 recoñecementos desta edición, nunha gala que se desenvolverá no Hotel Congreso no Concello de Teo a partir das 20:00 horas. Uns galardóns que puxo en marcha o teense Álex Regueiro en lembranza do artista w ourensán Alfredo Iglesias.
Con estes premios buscamos afondar nas traxectorias persoais e na relación que teñen co seu país as gañadoras e gañadores, salientando o valor da cultura e a súa promoción, así como o compromiso social” (Álex Regueiro, impulsor dos Premios Alfredo Iglesias)
Entre os galardonados en anteriores edicións dos Premios Alfredo Iglesias atópanse, entre outros, Guadí Galego, Helena Villar Janeiro, Marilar Aleixandre, Elena Ferro, Mercedes Peón, María Xosé Rodríguez, A Pedreira, Carlos Tresandí, Álvaro Leiro, Obradoiro Seivane, ou Mondra.
| Premiados nos IV Premios Alfredo Iglesias | |
|---|---|
| Escrita | Pilar García Negro |
| Música | A Banda da Loba |
| Acción Patrimonial | Manuel Gago |
| Comunicador | Avelino González |
| Moda | Dolores Couceiro |
| Gastronomía | Adegas Vía Romana |
| Promoción da lingua | Premios Mil Primaveras |
| Ilustración | Olalla Diéguez Boo |
| Acción cultural | Asoc. Cultural A Mámoa |
| Ciencia | José Pereira Uzal |
| Artes | Romero Masiá |
| Acción solidaria | Solidariedade Galega co pobo Saharaui |
| Acción social | Aspamite |
| Artesanía | Oli Xiráldez |
| Traxectoria | Quintana Martelo |
| Premio á Memoria | Moncho Díaz (Fuxan os Ventos) |
| Artista revelación | HYDN |
| Personaxes do ano | Víctor Manuel Oujo e Ángel Currás |




