O Concello de Ribadavia, que acadaou o premio Ferrero Rocher ‘Xuntos Brillamos Máis’, despide un Nadal histórico cunha Festa de Apagado das Luces o 26 de xaneiro na Praza Maior
Cunha Festa de Apagado das Luces, o Concello de Ribadavia despide un Nadal histórico no que o concello ourensán conseguiu o premio Ferrero Rocher Xuntos brillamos máis, sendo o único finalista galego e acadando o triunfo por diante das localiadades finalistas de Ágreda (Soria), Biar (Alicante), La Andrada (Ávila) e El Coronil (Sevilla).
O premio permitiu a Ribadavia ser o foco e lugar de visita para milleiros de galegos, españois e estranxeiros durante o pasado Nadal. Multitude de xente achegouse ata o concello ourensán para ver as luces coas que Ferrero Rocher decorou o municipio, principalmente a Praza Maior, e coñecer e descubrir unha vila das máis fermosas do país e capital do Ribeiro.
Así e coa Festa de Apagado de Luces o vindeiro 26 de xaneiro a partir das 19:00 horas na Praza Maior, o Concello pon fin a unha campaña de Nadal histórica para Ribadavia, que serviu tamén para promover o movemento da economía local e da que se aproveitaron hostaleiros, comerciantes e produtores do municipio. Será unha gran festa amenizada polo Grupo Claxxon que rematará co apagado das luces, e o comezo dos traballos para a organización das vindeiras festas de Nadal de 2025.
Un Nadal no que o Concello organizou diferentes actividades pensadas para todas as idades. Un programa que continuará este mesmo sábado 18 de xaneiro, cun Recital de Poesía a cargo de Xía Rodríguez do libro Uróboro de Noemí da Cruz no auditorio da Casa da Cultura. Así como, e antes da Festa de Apagado das Luces, o traslado da veciñanza interesada a desfrutar da obra Nada se sabe, que forma parte da iniciativa Autobús do teatro do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego.


