PUBLICIDADE

Maite Macía recibe un coche e un lote de premios no sorteo do A Baña Futsal

PorBisbarra

Martes, 11 Febreiro 2025 , , ,
Entrega do lote depremios do terceiro sorteo do club A Baña Futsal, entre os que se incúe un cocheEntrega do lote depremios do terceiro sorteo do club A Baña Futsal, entre os que se incúe un coche

O lote de agasallos do sorteo do A Baña Futsal, valorado en 20.000 euros, inclúe unha moto Benelli, un Iphone, un ordenador Apple, unha PlayStation ou un patinete eléctrico, entre outros

O sorteo organizado polo club A Baña Futsal, dun lote de agasallos valorado en 20.000 euros ademais dun Volkswagen Taigo, xa ten gañadora. Trátase da veciña Maite Macía que recibiu os seus premios o pasado 5 de febreiro de mans do presidente do club A Baña Futsal, Pablo Penido, e do alcalde da Baña José Antonio Pereira Gil.

Así, a gañadora do sorteo deste ano do A Baña Futsal recibiu, ademais do Volkswagen Taigo, unha moto Benelli de 600 cc, un Iphone 15 Pro Max, un ordenador Apple, un patinete eléctrico, unha lavadora, unha PlayStation 5, dúas televisións, unha aspiradora Roomba, un robot de cociña e unha neveira Miele ou un desumidificador, entre outros.

O presidente do club A Baña Futsal, Pablo Penido, destacou o éxito desta iniciativa que cumpre a súa terceira edición e que permite aos participantes, veciños e afeccionados a este deporte do futsal, optar a este gran premio pola compra dunha rifa ao prezo de 5 euros.

PUBLICIDADE

A cuarta edición do soteo do A Baña Futsal, en marzo

A cuarta edición desta iniciativa do club A Baña Futsal, abrirá no mes de marzo o prazo para poder mercar as rifas e optar a estes grandes premios. Neste 2025 haberá novidades como un novo formato que incluirá unha maior distribución dos obsequios, cun primeiro premio dun coche, un segundo premio dunha moto e un terceiro dun lote de produtos. Tamén, se sortearán 11 bonos de diferentes servizos como tratamentos de estética, servizos dentais, viaxes, combustible e outros beneficios.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.