Marta Canosa recibiu a Carabela de Prata, máxima distinción que concede o Concello, durante a celebración da XXX Gala do Deporte Ferrolán que se desenvolveu no Auditorio
A palista de caiac polo, Marta Canosa Maceiras, foi a gañadora da Carabela de Prata do Concello de Ferrol á mellor deportista do 2024. O seu nome deuse a coñecer na XXX Gala do Deporte Ferrolán, que se desenvolveu na tarde do pasado martes 22 de abril no Auditorio e presidida polo alcalde da cidade, José Manuel Rey Varela.
É a terceira vez que Marta Canosa está nominada a este galardón, se ben entre a Gala do Deporte Ferrolán do ano pasado e a desta edición conseguiu un destacado fito, que se suman aos que xa ostentaba: a medalla de prata no Mundial Sub-21 de caiac polo. Canosa estivo nominada nesta ocasión xunto á triatleta Miriam Casillas e á judoka June Moreno Campo.
Durante a Gala do Deporte Ferrolán, tamén se fixo entrega de 61 premios por modalidades deportivas e se concederon catro mencións especiais polos méritos deportivos acadados no ano 2024 ao Baxi Ferrol, ao equipo élite masculino do Club Tríatlon Ferrol; a Jesús Prieto Freire, que obtivo o título de subcampión en +120 quilos no Mundial máster de powerlifting, e á remeira Iria Jarama Díaz do Club San Felipe Ferrol.
Asemade, durante a Gala do Deporte Ferrolán entregouse outras dúas mencións especiais pola proxección internacional da cidade e do deporte ferrolán a Álvaro Fernández Carreras, futbolista do Benfica, e a Alberto Abalde Díaz, xogador do Real Madrid Baloncesto.
A Gala do Deporte tamén outorgou tres galardóns especiais á Comisión Naval de Regatas de Ferrol, que celebra o seu 75º aniversario; ao Club Montaña Ferrol, que conmemora o seu 25 aniversario; e ao Club Baloncesto Aurum, iniciativa que reúne a ex xogadoras de Ferrolterra. Os tres clubs representan o espírito deportivo e o compromiso co enriquecemento cultural e social de Ferrol.
O alcalde José Manuel Rey Valreal, que presidiu a Gala do Deporte, felicitou a todos os premiados así como a aqueles que recibiron unha mención especial por parte do xurado nunha celebración na que se fixo entrega de máis de 70 premios, recoñecementos e distincións.
Hoxe celebramos o deporte ferrolán e aplaudimos o talento e o traballo dos nosos deportistas, mais gustaríame destacar os logros e os triunfos acadados polas tres deportistas que este ano estiveron nominadas á Carabela de Prata” (José Manuel Rey Varela, alcalde de Ferrol)

HOMENAXE A JAVIER GÓMEZ NOYA
A gala deste ano tamén serviu como recoñecemento á traxectoria profesional de Javier Gómez Noya, Fillo Predilecto de Ferrol, que anunciou a súa retirada das competicións o pasado ano. O rexedor lembrou os seus numerosos éxitos no triatlón, como os seus cinco títulos mundiais, catro títulos europeos ou a súa medalla de prata nos Xogoso Olímpicos de Londres 2012.
Estes éxitos, sumados a outras moitas victorias, encumbraron ao ferrolán á “élite internacional do deporte, pero isto non fixo que esquecese as súas raíces”. A súa carreira deportiva “converteuno no máis importante dinamizador da práctica do deporte na nosa cidade e estou seguro de que non me equivoco ao dicir que algúns dos rapaces e rapazas que están hoxe aquí deron os seus primeiros pasos no deporte grazas a Javier”, matizou Rey Varela que incidiu en que Gómez Noya deixa un legado profesional que “queda para sempre gravado na historia do tríatlon e no corazón de Ferrol”.
PREMIADOS NA XXX GALA DO DEPORTE FERROLÁN POR MODALIDADES DEPORTIVAS
| MODALIDAD DEPORTIVA | DEPORTISTA |
| Actividades Subacuáticas | Adrián del Río García |
| Atletismo | Xiana Lago Andrade |
| Atletismo | Pedro Osorio López |
| Automobilismo | Yesica Lorenzo Santalla |
| Automobilismo | Alejandro Medín García |
| Baile Deportivo | Lara Rivas López |
| Baloncesto | Elena Vladonedo Vila |
| Baloncesto | Pablo Mera Seco |
| Bodiboard | Lucas Domínguez Hermida |
| Breaking | David Amor Vizoso |
| Deporte Adaptado | Erik Soto Torrente |
| Esgrima | Natalia Loureiro Pérez |
| Esgrima | Jorge Permuy Pérez |
| Fútbol | Marta Rodríguez Cascón |
| Fútbol | Adrián Guerrero Mouriz |
| Fútbol Sala | Laura del Rosario Loira |
| Fútbol Sala | David Bouzón Doce |
| Golf | Adrián Soto Veiga |
| Grappling | Francisco Bruno Martínez Vila |
| Hípica | Irene Suanzes Quintela |
| Hockey Patines | Marta Oubiña Castro |
| Jiu Jitsu | Beatriz Arias Gutiérrez |
| Jiu Jitsu | Manuel Permuy Martínez |
| Judo | Miguel Trillo Valeiro |
| Caiac Polo | Pepe Couto Pintos |
| Karate | Lucía Guerrero Mouriz |
| Karate | Adrián Barcia Mosquera |
| Kick Boxing | María Margarita Ortega Cadavid |
| Kick Boxing | Rubén Iglesias Fernández |
| Natación | Lucía Villarnovo Pazos |
| Natación | Nicolás Astigarrabía Rodríguez |
| Natación Artística | Némesis Lassey Blanco |
| Pádel | Claudia Deza Torrecilla |
| Pádel | Ángel Deza Torrecilla |
| Patinaxe | Alba González García |
| Patinaxe | Lois Rivas Rodríguez |
| Piragüismo | Nerea Lema Fernández |
| Powerlifting | Murial Muíños Rivera |
| Powerlifting | José Aurelio Morado Martínez |
| Remo. Banco Móbil | Tripulación feminina do Club Remo San Felipe |
| Remo. Banco Móbil | Marcos Peña Blanco |
| Remo. Banco Fijo | Laura Alonso Cortabitarte |
| Remo. Banco Fijo | Eloy Arvidas Meizoso Arias |
| Rugby | Cho,oe Dopico Rodríguez |
| Rugby | Luis García Soutullo |
| Surf | Pepa González Valeiro |
| Surf | Diego Vieites Allegue |
| Tenis | Lucía Cortizas Seco |
| Tenis | Pedro Antón Ruibal |
| Tenis de Mesa | Nadia Bella Martín Nieto |
| Tenis de Mesa | José Piñeiro Seijido |
| Tiro con Arco | Lúa Teijeiro Aneiros |
| Tiro Olímpico | Dario Piroscia Penado |
| Triatlón | Rebeca Teijeiro Álvarez |
| Triatlón | Iván Puentes Barcia |
| Vela | Marta Torres Gestal |
| Vela | Tripulación velero ‘Mirfak’ |
| Waterpolo | Carmen Hermida Pereira |
| Eaterpolo | Mario Paz Núñez |
| Xadrez | Diego Guerra Bastida |
| Ximnasia Artística | Sabela Cobelo Regueira |
| Ximnasia Rítmica | Martina López Canosa |




