PUBLICIDADE

O Día da Bici reúne en Vilasantar a unha trintena de ciclistas de todas as idades

O Día da Bici de Vilasantar congregou a unha trintena de persoas de todas as idades que realizaron un percorrido polas rúas e a contorna natural do municipioO Día da Bici de Vilasantar congregou a unha trintena de persoas de todas as idades que realizaron un percorrido polas rúas e a contorna natural do municipio

O Día da Bici volveu encher as rúas e a contorna do concello de Vilasantar de ciclistas, durante unha iniciativa municipal que ten como principal obxectivo promover a actividade física e poñer en valor a contorna natural do municipio.

Unha trintena de ciclistas, de todas as idades, participaron nesta nova edición do Día da Bici que se desenvolveu o pasado venres. Tras percorrer as parroquias de Vilasantar, Barbeito e Mezonzo, a comitiva pedaleou ata a casa consistorial, na que se realizou un sorteo de material deportivo (mochilas, camisetas, cantimploras…) A continuación, os ciclistas repuxeron forzas cunha merendola cortesía do Concello.

O alcalde vilasantarés, Fernando Fernández Pérez, tamén participou no Día da Bici e asegurou ao remate do percorrido que “é unha actividade municipal que ten moi boa acollida e busca fomentar un estilo de vida sa a través da actividade física e en compaña da veciñanza”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.