PUBLICIDADE
Última etapa da cuarta edición da proba ciclista O Gran Camiño entre Betanzos e Santiago (Fotos: Mónica Montero)Última etapa da cuarta edición da proba ciclista O Gran Camiño entre Betanzos e Santiago (Fotos: Mónica Montero)

O ciclista canadiense suma o seu nome ao palmarés do Gran Camiño, unha proba que gañou Alejandro Valverde na primeira edición, e Jonas Vingegaard nas dúas seguintes

A cuarta edición do Gran Camiño corou en Compostela ao ciclista canadiense Derek Gee (Israel-Premier Tech), nunha quinta etapa (O Fin do Camiño) que partiu dende a localidade de Betanzos e na que o corredor danés Magnus Cort (Uno-X Mobility) conseguía a súa terceira victoria parcial, nunha proba que nesta edición contou cunha etapa máis (O Camiño Portugués) que se desenvolveu entre as localidades portuguesas de Maia e Matosinhos.

Así, Derek Gee supo manter a súa vantaxe fronte aos seus rivais na Xeneral nesta última etapa de 160 kilómetros. O canadiense, que entrou co mesmo tempo que o gañador en Compostela, Magnus Cort, sumou en Santiago o seu nome ao palmarés do Gran Camiño, xunto aos prestixiosos ciclistas do pelotón internacional como Alejandro Valverde, vencedor na primeira edición, e de Jonas Vingegaard, que se impuxo nas dúas seguintes edicións.

O gañador desta última etapa do Gran Camiño, Magnus Cort, impúsoxe, tras unha xornada na que todo estaba por decidir, ao esprín na liña de meta ao ciclista galego de Xinzo de Limia, Carlos Canal (Movistar) que foi segundo en Compostela. A terceira praza foi para o iltaliano Giovanni Lonardi (Polti-VisitMalta).

PUBLICIDADE

Magnus Cort logrou ademais a clasificación por Puntos desta cuarta edición do Gran Camiño e foi terceiro da Xeneral, a 38 segundos do campión Derek Gee, e por detrás do italiano Davide Pingazoli (Polti-VisitMalta) a 35 segundos do vencedor final.

O ciclista canadiense Derek Gee conseguiu ademais vencer na clasificación da Montaña do Gran Camiño cun total de 17 puntos, por diante do español Ander Okamika (Burgos-Burpellet-BH) con 12 puntos e do seu compañeiro de equipo Sergio Geovani (Burgos-Burpellet-BH) con 9 puntos. e, tamén foi terceiro na clasificación por Puntos, na que se impuso Cort.

O noruego Marin Solhaug (Soudal-Quick Step) conseguiu vencer na Xeneral dos Mozos por diante do seu compatriota Johannes Kulset (Uno-X Mobility) e do francés Manime Decomble (Groupama-FDJ). A clasificación por Equipos liderouna, tras a última etapa do Gran Camiño con final en Santiago, o Burgos-Burpellet-BH, seguido do Uno-X Mobility e do Soudal-Quick Steo.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.