Os xogadores e o adestrador do Obradoiro CAB animaron á cidadanía a participar na campaña ‘Doa sangue e marca unha tripla’ nestas festas de Nadal
Os xogadores e o adestrador, Gonzálo Rodríguez, do Obradoiro CAB, así como a directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) do Sergas, Marisa López, visitaron a unidade móbil de doazón de sangue, na Praza Roxa de Santiago, para promover durante as festas de Nadal as doazóns por parte da poboación.
Adestrador e xogadores do Obradoiro CAB doaron sangue e animaron á cidadanía a facer o mesmo, nesta campaña de Nadal, iniciativa do clube de baloncesto en colaboración coa ADO, baixo o lema Doa sangue e marca unha tripla, para facer fronte ao descenso de reservas de sangue que se producen habitualmente durante as festas de Nadal.