PUBLICIDADE

O Trail Montes de Rois sube ao alto do podio a Beatriz Barroso e a Damián González nos 20 km

O Trail Montes de Rois batiu o récord de participación, e máis de 600 deportistas tomaron a saída nalgunha das tres modalidades da cita: as competitivas de trail longo e curto, ou na Andaina

O Trail e Andaina Montes de Rois celebrou a pasada fin de semana unha terceira edición na que tomaron parte un total de 320 deportistas nas probas competitivas, máis 300 na andaina, batindo o récord de participación. A cita, que abriu o calendario do Ranking Galego de Trail Running na serie prata, tivo a saída e chegada, das tres modalidades (trail longo de 20,9 km, trail curto e andaina, ambos de 13, km), no polideportivo de Rois.

Beatriz Barroso, do C.A. Noia, e Damián González, do Club Triatlón Rianxo, foron os máis rápidos en completar o percorrido no trail longo, parando os seus respectivos cronos en 2:00:23 e 1:36:36 horas. A segunda praza no grupo feminino foi para Lucía Peón (2:01:23 h.) e completou o podio Rita Fernández (2:02:56 h.). Por detrás de Damián González, atravesaron a liña de meta Sergio García (1:36:46 h.), segundo, e Samuel Saborido (1:37:29 h.), terceiro.

No trail curto, de 13 km de percorrido os vencedores absolutos, na categoría masculina, foron Alberto González (1:00:01 h.), seguido de Diego Ferreira (1:01:05 h.) e Adrián Garabato (1:01:33 h.). Na categoría feminina Alba Rey, do CD Biosbardo, impúxose con claridade (1:11:25 h.) a Apolonia Bermúdez (1:13:37 h.). A terceira praza logrouna Judit Barros, do Atletismo +9 Moraña, e que aos seus 13 anos rematou o percorrido en menos dunha hora e cuarto (1:14:18 h).

PUBLICIDADE

Os mellores atletas locais foron Marcos Mayo, no trail longo; e Ángel Teira, no curto. O concelleiro de Deportes, José Luis Ares, e o portavoz do goberno municipal de Rois, Antonio Esparís, entregaron os premios aos gañadores.

Clasificacións por categorías do Trail Montes de Rois

Sénior: Veronica Calvo, Cristina López, Andrea Gómez; Borja V arela, Chema Quintián e David Seage.

Veterán A: maría Ferreiro, Banesa Atán, Silvia Portgeiro; Marcos Pascual, Dario Arias e Fernando Lorenzo.

Veterán B: María Aurora González,  Elena Torea, Susana Fernández; Manuel Gómez, Juan Carlos Rodríguez e José Rafael Méndez.

Equipos: Serres Runners, Brion-Arenteiro e CDM Xesteiras.

Sénior: Ainoa Galán, Alma Pereira, Monse Solis; Mateo Vidal, Ángel Teira e Nacho Nogueira.

Veterán A: Lucía Iglesias, Ana Isabel Martelo, Paula Paz; Esteban García, Rubén Romero e David Rodríguez.

Veterán B: Margarita Castiñeira, Carmen García, Catalina Outeiral; José Manuel Pena, Alberto Martínez e Alejandro Lamas.

Equipos: Club Triatlon Compostela, CD Brión Hyupersa Norte e Comesaña Sporting Club.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.