PUBLICIDADE

O Pino organiza unha Masterclass de Zumba Solidaria a favor da ACEM

Un momento da pasada edición da Masterclass de Zumba Solidaria de O Pino a favor de ACEMUn momento da pasada edición da Masterclass de Zumba Solidaria de O Pino a favor de ACEM

O recadado nesta Masterclass de Zumba Solidaria do Concello de O Pino, o 22 de febreiro, destinarase a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades

O Concello de O Pino organiza o vindeiro 22 de febreiro unha nova edición da Masterclass de Zumba Solidaria a favor da ACEM (Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades). A cita de Zumba desenvolverase a partir das 18:00 horas no Polideportivo Municipal de Lameiro, a inscrición terá un custo de 5 euros, e todo o recadado destinarase integramente á asociación santiaguesa.

A Masterclass de Zumba Solidaria está aberta á participación de toda a veciñanza que queiran gozar dunha tarde de diversión, deporte e solidariedade, e contará coa participación de monitores especializados que guiarán aos asistentes no seu ritmo de zumba. A organización anima aos participantes a acudir disfrazados para dar un toque de cor e alegría ao evento, especialmente tendo en conta a proximidade do Entroido.

Con esta iniciativa, o Concello do Pino quere promover, ademais de hábitos saudables, o apoio a unha causa social tan importante como a loita contra as enfermidades tratadas pola ACEM. Os fondos recadados serán empregados para continuar co apoio ás persoas que padecen estas condicións e ás súas familias.

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.