PUBLICIDADE

Detido un veciño de Ames tras eludir un control de alcoholemia

PorBisbarra

Venres, 18 Xullo 2025 , , ,
O veciño de Ames detido guindou pola xanela do coche unha bolsa con 13,6 gramos de cocaína.O veciño de Ames detido guindou pola xanela do coche unha bolsa con 13,6 gramos de cocaína.

A Garda Civil de Santiago de Compostela detivo a un veciño de Ames de 37 anos, pola presunta comisión dun delito contra a saúde pública. Fíxoo no marco dun control preventivo de alcoholemia, culminando coa incautación de cocaína e diñeiro en efectivo.

A actuación orixinouse cando un vehículo ignorou os sinais dos axentes para deterse. Ante a omisión, a Garda Civil iniciou un seguimento pola estrada N-550 e diversas pistas do Concello de Teo. Durante o mesmo, os axentes detectaron como o condutor guindaba pola xanela unha bolsa.

Tras lograr a detención do vehículo, procedeuse ao rexistro do individuo. Seguidamente, interviuse a substancia guindada, confirmándose que se trataba de 13,6 gramos de cocaína. Adicionalmente, incautáronse de 758 euros en billetes de diferentes valores.

PUBLICIDADE

O detido foi posto a disposición do Xulgado de Garda de Santiago de Compostela.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.