PUBLICIDADE

Rueda inaugura a nova UCI do Hospital de Ourense

PorBisbarra

Venres, 14 Marzo 2025 ,
A nova UCI supuxo un investimento autonómico de máis de 10 millóns de euros.A nova UCI supuxo un investimento autonómico de máis de 10 millóns de euros.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe a nova Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Esta supuxo un investimento autonómico de máis de 10 millóns de euros. Así pois, está deseñada para reforzar a atención sanitaria na provincia.

“Trátase de garantir que esta área conta cos aparellos e a tecnoloxía máis moderna para ofrecer o mellor servizo é ao mesmo tempo que sexan espazos cada vez máis humanizados”, indicou Rueda. Durante a súa intervención, salientou a amplitude, luminosidade e preparación do espazo para o labor dos traballadores. “É un bo exemplo da medicina do futuro, cada vez máis personalizada, humanizada e tecnolóxica”, agregou.

DESCRICIÓN DA NOVA UCI

O novo espazo comezará a funcionar o vindeiro martes. Está dotado con 3 módulos con 10 boxes cada un. Destes, 6 boxes son de illamento, ademais de zonas de observación e locais de apoio. En total actuouse sobre unha superficie de 2.649m2, o que permitiu aumentar o espazo xa existente un 30%, pasando de 20 a 30 camas.

PUBLICIDADE

Esta nova UCI converte ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense no primeiro en contar cunha unidade preparada para a posible irrupción de pandemias, con espazos adaptados, máis boxes de illamento e circuítos de aire individualizados. A nova unidade conta, ademais, con camas de altas prestacións, equipamento punteiro que facilita a asistencia médica, seguimento dos doentes e labor de coidados de enfermería.

A nova UCI conta con 3 módulos con 10 boxes cada un, sendo 6 de illamento, ademais de zonas de observación e locais de apoio.
A nova UCI conta con 3 módulos con 10 boxes cada un, sendo 6 de illamento, ademais de zonas de observación e locais de apoio.

O xefe do Executivo galego salientou a importancia de contar con infraestruturas sanitarias modernas, eficientes e dotadas dos mellores medios e profesionais. Neste senso, puxo en valor as actuacións recentes levadas a cabo na provincia de Ourense, con proxectos que suman máis de 80 millóns de euros de dotación. Entre outros, inclúese a obra de ampliación e reforma do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, que está executándose e supera os 52 millóns de euros de investimento. Asemade, a nova área de urxencias no hospital de Verín e a ampliación das áreas hospitalarias de día e farmacia no Hospital do Barco de Valdeorras.

REDUCIÓN DOS TEMPOS DE ESPERA

O ano pasado pasaron pola UCI de Ourense preto de 1.100 persoas, cunha estancia media lixeiramente por riba dos 5 días de ingreso. Coa nova unidade, búscase mellorar os resultados en saúde da provincia e seguir rebaixando os tempos de espera.

Neste senso, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistrouse en 2024 unha baixada significativa nos tempos de espera en cirurxías, primeiras consultas co especialista e realización de probas. Especialmente significativa é o caso da consulta, con case 44 días menos que a media do ano anterior.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.