PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Garda Civil incáutase de máis de dúas toneladas de marihuana en Melide

PorBisbarra

Xoves, 8 Agosto 2024

Axentes da Garda Civil desmantelaron un grupo criminal dedicado ao cultivo e distribución de cannabis en Melide (A Coruña), 

A investigación comezou en 2023, tras recibir información sobre unha posible plantación de marihuana nunha explotación, e culminou o 30 de xullo coa intervención nunha leira que albergaba un invernadoiro de 3.000 metros cadrados.

Os axentes da Garda Civil centraron a súa atención nun inmoble que incluía unha vivenda unifamiliar, un galpón anexo e un invernadoiro dividido en catro módulos. A explotación, situada nunha zona de pouco tráfico, foi identificada como o epicentro dunha operación de cultivo e distribución de cannabis a gran escala.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Coa pertinente autorización xudicial, o equipo de ROCA realizou a entrada e rexistro do inmoble. No interior do invernadoiro, os axentes descubriron máis de 2.000 plantas de marihuana en fase de recollida, cun peso bruto de 2.080 quilos.

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.