PUBLICIDADE

A EFA Piñeiral celebra a xornada O Camiño das Profesións

PorBisbarra

Luns, 2 Xuño 2025 , , ,
Coñeceron iniciativas de referencia no territorio.

A Efa Piñeiral de Arzúa foi o lugar elixido para celebrar a xornada O Camiño das Profesións, unha viaxe polas moitas e variadas posibilidades que a formación profesional agroalimentaria e de sectores claves achega hoxe en día ós estudantes e ós seus territorios.

Os estudantes de cuarto curso da ESO do Ies Arzua e Nosa Señora de Arzúa participaron nas cinco etapas que o alumnado dos nosos ciclos deseñaron.

Elaboraron unha doce sobremesa no noso obrador na etapa máis doce, coñeceron das dinámicas de coidado e ducación infantil na etapa dos sentidos, aprenderon de técnicas de dinamización e comunicación dixital na etapa das vendas e as redes e puxeron a proba o seu coñecemento sobre alimentación e hábitos saudables na Ruleta Piñeiral.

PUBLICIDADE

Coñeceron iniciativas de referencia no territorio como Mamá Teresa, doces artesáns e aprenderon do testemuño dos profesionais do Concello de Arzúa.

Dende a Efa Piñeiral agradecen a asistencia a esta xornada a todos os participantes, ao IES de Arzúa e ao centro da Nosa Señora de Arzúa, ós profesionais que protagonizaron os encontros e sobre a Caixabank Dualiza, o MAPA (Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación) e máis concretamente, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria por posibilitalo.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.