PUBLICIDADE

Verea pide “unha unión de forzas para defender a Facultade de Medicina de Santiago como a facultade de todos os galegos”

PorBisbarra

Luns, 2 Xuño 2025 , , ,
Verea lembrou que “a Facultade de Medicina de Santiago non é só un edificio, nin unha titulación: é o corazón académico de Galicia e símbolo de séculos de vocación, estudo e servizo á sociedade”.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, vén de pedir “unha unión de forzas da man da sociedade civil para defender a Facultade de Medicina de Santiago como a facultade de todos os galegos”, fronte ás propostas para incluír un grado desta materia noutras cidades. Para Verea, estas iniciativas supoñen  “un ataque inxustificado a uns estudos que son referencia mundial para todos, tanto en Galicia como no resto de Europa”.

Borja Verea lembrou que “a Facultade de Medicina de Santiago non é só un edificio, nin unha titulación: é o corazón académico de Galicia e símbolo de séculos de vocación, estudo e servizo á sociedade”.

Explicou que “duplicar ou triplicar a formación médica non resolverá ningún problema; ao contrario, dividirá recursos, confundirá prioridades e xerará agravios entre galegos, polo que -engadiu- como compostelán e como servidor público defenderei, con firmeza e sen matices, o que é xusto: Santiago non pode ser castigada por facer ben as cousas”. “A estratexia debe de ser outra -sinalou Verea- seguir camiñando xuntos, xa que estamos falando dunha facultade con séculos de historia, que temos, non que trocear nin dividir, senón fortalacer e ampliar para que siga sendo a casa común da ciencia médica, e manter ese selo universal que non é propiedade nin dos santiagueses, nin dos coruñeses, nin dos vigueses, senón de todos”

PUBLICIDADE

“A Universidade de Santiago, coa súa Facultade de Medicina, representa o mellor de Galicia: excelencia, compromiso e humanidade, polo que non imos quedar calados mentres se pon en risco o seu prestixio, nin vamos permitir que a cidade perda o que tanto lle custou levantar”, afirmou o líder popular.

Nese senso, insistiu en que “a Facultade de Santiago de Compostela non pode converterse nunha peza a repartir, xa que se trata duns dos centros máis antigos e respectado nos estudos universitarios de toda España; e que leva formando a estudantes que, desde hai xa moitos anos, despois saen a formar parte das plantillas máis prestixiosas dos hospitais e centros médicos de todo o mundo”.

Verea destacou que “a nosa historia esta chea de erros que teñen como causa única o localismo sen xustificación”. Así, continuou “estámolo vivindo con tres aeroportos competindo entre eles mentres o aeroporto portugués converteuse na infraestrutura referente do noroeste peninsular; cando podiamos ter un gran aeroporto con centos de conexións internacionais conectado por lanzadeiras rápidas con todas as cidades”.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.