PUBLICIDADE

Ferrol inicia a renovación dos parques infantís da rúa Doutor Sixto

PorBisbarra

Mércores, 15 Xaneiro 2025 , , ,
As actuacións nos parques centraranse na mellora do mobiliario.As actuacións nos parques centraranse na mellora do mobiliario.

O Concello de Ferrol iniciou os traballos de renovación dos parques infantís situados na rúa Doutor Sixto Seco, no barrio de Canido. Así o informou o concelleiro de Servizos, José Tomé, na comisión da área. “Esta actuación ten como finalidade mellorar as condicións de seguridade e goce dos nenos e nenas, así como garantir a durabilidade e facilitar un mantemento adecuado das instalacións”, afirmou o concelleiro.

Os traballos centraranse na mellora do mobiliario dos parques. Así pois, será retirada unha torre tobogán en Urbis 1, que acadou o fin de vida útil, e tres xogos de resorte tipo balancín. Pola mesma causa xa foi eliminado un columpio T con asentos bebé en Urbis 2. Nesta liña, procederase á colocación dos novos xogos, que inclúen un multixogo para substituír ao que se retira en Urbis 1. Trátase dunha estrutura composta por perfís de plástico 100% reciclado e reciclable, sen necesidade de mantemento, especialmente deseñada para parques infantís; un balancín en Urbis 1 e un columpio para bebés en Urbis 2.

Asemade, está prevista a restauración doutros elementos existentes, así como a instalación de pavimento amortecedor en ambos parques con acabado de caucho de cores.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.