PUBLICIDADE

Ferrol investirá 130.000 euros no aglomerado de vías en Valón e Brión

PorBisbarra

Mércores, 18 Marzo 2026 , ,
Ferrol acometerá os traballos con cargo ao Plan Único de Concellos POS+2025.Ferrol acometerá os traballos con cargo ao Plan Único de Concellos POS+2025.

O Concello de Ferrol aprobou adxudicar os aglomerados de varias vías en Valón e Brión. Máis en concreto, dos tramos do camiño de Cruces, camiño do Carril e camiño da Camposa, na parroquia de Brión, e do camiño de Vilaboide-Monte do Coto, ubicado entre nas parroquias de Valón e Brión.

A empresa Construcciones Ponciano Nieto SL é a adxudicataria de ambas intervencións, nas que se investirán preto de 130.000 euros. Destes, 64.925,33 euros destínanse ao aglomerado dos camiños de Cruces, Carril e Camposa e 64.605,15 euros ao de Vilaboide-Monte do Coto.

Ambas actuacións están incluídas no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal. Plan Único de Concellos POS+2025, e teñen un prazo de execución dun mes.

PUBLICIDADE

CAMIÑOS CRUCES, CARRIL E CAMPOSA

Actualmente, todo o camiño está formado por un pavimento de MBC, e o paso do tempo e as condicións meteorolóxicas produciu nel unha importante deterioración. Neste sentido, presenta multitude de ondulacións, fochancas e zonas fisuradas.

Ademais, a falta de pintado ou o mal estado do mesmo provocan unha pobre seguridade viaria, polo que convén que se efectúen tarefas de conservación. Esta vía ten unha lonxitude de 750 metros dividido en varios tramos de distintos anchos.

CAMIÑO DE VILABOIDE-MONTE DO COTO

Esta actuación afecta a unha superficie de 2.084 metros cadrados. Trátase dun camiño transitado principalmente por vehículos lixeiros que acceden á zona, polo que a súa reparación resulta prioritaria, atendendo á importancia social e económica derivada do seu uso.

Na actualidade presenta un evidente estado de deterioro na súa capa de rodaxe, conlevando molestias á veciñanza e aos vehículos que circulan pola vía.

“Seguimos mellorando as vías do rural, para garantir a seguridade tanto dos veciños como dos condutores”, destacou o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.