PUBLICIDADE

Ortigueira logra un remanente de 3,5 millóns de euros

PorBisbarra

Venres, 25 Abril 2025 , , ,
O alcalde de Ortigueira presume do uso prudente dos recursos públicos e a capacidade de atraer financiamento externo.O alcalde de Ortigueira presume do uso prudente dos recursos públicos e a capacidade de atraer financiamento externo.

O Concello de Ortigueira pechou o exercicio orzamentario de 2024 cun remanente de tesourería para gastos xerais de 3.489.368,99 euros. Este resultado será presentado proximamente no pleno da corporación. Segundo o alcalde ortigueirés, Valentín Calvín, pon de manifesto a eficacia dunha xestión caracterizada polo uso prudente dos recursos públicos e unha notable capacidade para atraer financiamento externo.

A liquidación do orzamento foi aprobada mediante resolución do Alcaldía. Segundo esta, reflicte un balance saneado e equilibrado, cun resultado orzamentario axustado de máis de 1,9 millóns de euros. Este superávit logrouse sen comprometer a prestación de servizos nin investimentos precisos para o desenvolvemento do municipio. Así, supón unha marxe de manobra clave para afrontar novos proxectos e retos durante os vindeiros anos.

“Este remanente non é froito da casualidade, senón do traballo diario e dunha planificación rigorosa”, anotou o rexedor. Así mesmo, engadiu que o seu Goberno propúxose xestionar con responsabilidade, optimizar cada euro e buscar activamente financiamento doutras administracións.

PUBLICIDADE

Nesta liña, Calvín coloca ao Concello de Ortigueira como exemplo de estabilidade financeira. O saldo positivo, explica, deriva da capacidade de atraer financiamento e capital e o control do gasto corrente e financeiro. Asemade, o Goberno local mantivo un estrito seguimento do principio de estabilidade orzamentaria e da regra de gasto, como recollen os informes técnicos da Intervención.

O obxectivo, segundo o alcalde de Ortigueira, non é acumular remanentes, senón “garantir que cada céntimo se inviste en mellorar na vida dos nosos veciños e veciñas”. Este colchón económico permitirá á administración local afrontar con máis garantías novos proxectos, investimentos sostibles e mellorar as infraestruturas sen poñer en risco a saúde financeira do municipio.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.