PUBLICIDADE

A comarca de Santiago despide un Entroido cheo de actividades e festas nos concellos

Desfiles, concursos, degustacións, xantares, festas infantís e moita diversión marcaron un Entroido na comarca de Santiago que despediu a Don Carnal coa tradicional Queima do Meco e co Enterro da Sardiña

O Entroido nos concellos da comarca de Santiago despediuse de Don Carnal ata o ano próximo ano, despois dunhas celebracións nas que a veciñanza da bisbarra desfrutou de multitude de actividades como concursos de disfraces, degustacións tradicionais, concertos, atranques dos Xenerais da Ulla, festas infantís, xantares, exposicións, obradoiros de máscaras…

O Enterro da Sardiña, en moitos dos concellos da comarca, baixou o pano dun Entroido que encheu a bisbarra de máscaras, comparsas, carrozas, disfraces e moita diversión, e que deu paso onte, Mércores de Cinza, ao inicio da Cuaresma. Aquí vos deixamos unha galería de imaxes que resumen moi ben o que foron estas festas na comarca, e que en toda Galicia estivo marcado pola declaración do Entroido galego, en todas as súas variantes, como Ben de Interese Turístico pola Xunta de Galicia.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.