A Curtidoría de Santiago organiza este evento efímero, que comezou hai dous anos cun brunch ao estilo Manhattan, e que se desenvolverá as fins de semana e os días festivos de abril dende as 9:30 ata as 13:00 horas
A Curtidoría de Santiago organiza, durante as fins de semana e os días festivos do mes de abril, o seu evento efímero Le Petit Brunch. Unha cita que comezou hai dous anos cun brunch ao estilo Manhattan, e que foi todo un éxito de participación xa que o restaurante que rexenta Borja Portals fixo sold out en todas as datas das anteriores edicións.
Le Petit Brunch, non é un almorzo, é unha opción intermedia entre este e o xantar, “perfecto para cando non tes que madrugar”, explican dende A Curtidoría. Os interesados en gozar desta iniciativa pensada para compartir en familia, cos amigos ou en parella, e na que as grandes protagonistas do variado menú son as pavlovas, poderán facelo durante as fins de semana e os días festivos de abril en horario de 9:30 a 13:00 horas por un prezo de 30 euros.
Creo que o noso bruch gusta tanto porque enchemos a mesa de pequenos caprichos como pastelería francesa, croissants de manteiga, baguettes de Labulanxerí con confeituras, froita, zume… pero tamén elementos salgados como a quiche, unha táboa de queixos franceses e galegos con xamón doce, e unha copa de champagne. Despois de todo iso, a xente xa non come” (Borja Portals, A Curtidoría)
Así, Le Petit Brunch de A Curtidoría é un pop up perfecto para dar a benvida á primavera nun dos restaurantes máis senlleiros da zona vella de Compostela, situado na Rúa da Conga, e que en edicións anteriores “encantounos comprobar que a xente vén disfrutar con calma de todo o ritual que supón o nos bruch” asegura Borja Portals.





