PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Festa do Queixo de Arzúa recibe unha achega de 120.000€ da Deputación

Xosé Regueira, esquerda, e Xesús Carril, tras a sinatura da achega destinada á Festa do Queixo de ArzúaXosé Regueira, esquerda, e Xesús Carril, tras a sinatura da achega destinada á Festa do Queixo de Arzúa

A Festa do Queixo de Arzúa incrementa así por catro a achega provincial dos últimos anos e que supón o 37% do orzamento total destinado á súa organización

A 49ª Festa do Queixo de Arzúa, celebrada o pasado mes de marzo, vén de recibir, a través da sinatura dun convenio coa Deputación da Coruña, unha importante achega de 120.000 euros que supón multiplicar por catro o investimento dos últimos anos, o 37% do orzamento total destinado á súa organización, explicou o alcalde do Concello de Arzúa, Xesús Carril, tras a reunión e sinatura do convenio co vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, na sede provincial.

Ata o de agora, o compromiso da Deputación coa Festa do Queixo de Arzúa, que no 2025 cumpre o seu 50 aniversario, centrábase principalmente en apoiar os concertos musicais da festa, mais coa sinatura deste convenio o Concello consegue así que a achega provincial abranga todas as fases de produción, dende a promoción e difusión da festa ata a instalación das infraestruturas e a organización dos postos e das actividades complementarias.

Agradecemos á Deputación este novo compromiso coa Festa do Queixo de Arzúa que, dende a primeira reunión, amosou interese en consolidar e aumentar o seu apoio á celebración, que non só promove o noso queixo, senón tamén o noso patrimonio cultural e dinamiza a economía local”

O vicepresidente provincial, Xosé Regueira, incidiu na particularidade da Festa do Queixo de Arzúa “que vai máis aló da gastronomía e da música, para converterse nunha celebración da nosa identidade colectiva que xa forma parte do patrimonio da provincia, e que está declarada como de Interése Turístico de Galicia dende 1999“, e valorou a súa importancia como “motor económico fundamental, polo que encaixa coa nosa estratexia turística que promove o impacto positivo tanto a nivel económico como social e mediombiental”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

50 Aniversario da Festa do Queixo de Arzúa

Dende o Concello, que anunciou hai uns meses que xa leva un tempo traballando na planificación da 50ª edición da Festa do Queixo de Arzúa, queren aproveitar o simbólico desta achega da Deputación da Coruña para acadar novos acordos institucionais que colaboren cun evento consolidado e que no 2025 cumpre medio século de vida. Novas reunións e colaboracións, engadiu o alcalde, “que buscan reforzar aínda máis a traxectoria histórica dunha celebración que combina tradición e modernidade“.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.