A Festa dos Maiores de Val do Dubra tamén serviu para facer unha homenaxe á veciña e ao veciño de máis idade do municipio: Dolores García García de Bembibre e Manuel Blanco García de Vilariño, ambos nados non ano 1930
O concello de Val do Dubra acolleu, o pasado sábado 24 de maio, unha nova edición da súa Festa dos Maiores. Unha xornada que serviu de punto de encontro entre dubreses e dubresas, así como de recoñecemento polo papel que os nosos maiores teñen na sociedade.
Nesta edición, a celebración contou coa participación de 512 persoas, comezou cun xantar para a veciñanza e no que participaron tamén todos os membros da corporación municipal. O xantar estivo amenizado polo dúo Eva y Camilo, tras o cal procedeuse ao sorteo de agasallos entre todos os participantes.
A Festa dos Maiores serviu ademais para facer un recoñecemento á veciña e ao veciño de máis idade de Val do Dubra: Dolores García García de Bembibre e Manuel Blanco García de Vilariño, ambos nados no ano 1930. Foi un día de celebración e visibilidade de todo o seu traballo e implicación; un recoñecemento por todo o que Val do Dubra lle debe aos nosos maiores.