PUBLICIDADE

A pintora Laura Doldán doa unha acuarela á Asociación de Troiteiros Río Furelos

Laura Doldán, centro, durante a entrega da pintura á Asociación de Troiteiros Río Furelos co gallo da inauguración da súa exposición no Museo da Terra de MelideLaura Doldán, centro, durante a entrega da pintura á Asociación de Troiteiros Río Furelos co gallo da inauguración da súa exposición no Museo da Terra de Melide

Laura Doldán doou a obra á Asociación de Troiteiros Río Furelos co gallo da inauguración da exposición do seu traballo pictórico no Museo da Terra de Melide que se poderá visitar ata o vindeiro 3 de xullo

A artista Laura Doldán, co gallo da inauguración oficial da exposición da súa obra pictórica no Museo da Terra de Melide, doou unha pintura á Asociación de Troiteiros Río Furelos. A obra é unha representación en acuarela do logotipo da asociación, e coa que a súa autora expresa o seu agradecemento e recoñecemento polo seu labor no coidado do río, a defensa do medio ambiente e a loita contra todo tipo de contaminación.

A obra doada por Laura Doldán á Asociación de Troiteiros de Melide, da que lle cedeu os seus dereitos de propiedade de xeito gratuíto mediante escritura pública na notaría de Melide, poderá verse xunto ao resto de pinturas da exposición ata o vindeiro 3 de xullo.

Na inauguración da mostra e no acto de entrega da obra, que recibiu o presidente da Asociación de Troiteiros, Xavier Pazo, de Laura Doldán, tamén participou a concelleira de Cultura, Educación e Deporte de Melide, Ana Mosteiro, que recibiu un agasallo de Doldán dunha reprodución nunha obra de artesanía da acuarela adicada ao patrimonio de Melide.

PUBLICIDADE
Laura Doldán entrega á cocelleira Ana Mosteiro un agasallo co gallo da inauguración da súa exposición no Museo da Terra de Melide
Laura Doldán entrega á cocelleira Ana Mosteiro un agasallo co gallo da inauguración da exposición da súa obra pictórica no Museo da Terra de Melide

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.