PUBLICIDADE

A XXXIV Festa do Champiñón de Ordes comeza mañá cun espectáculo de lume

Unha imaxe dos postos durante a celebración da Festa do Champiñón do Concello de Ordes no ano 2019Unha imaxe dos postos durante a celebración da Festa do Champiñón do Concello de Ordes no ano 2019

A Festa do Champiñón, que se desenvolverá ata o vindeiro domingo, contará co pregón de David Amor e coas actuacións de Fillas de Casandra, Heredeiros da Crus, Olympus e París de Noia

A XXXIV Festa do Champiñón de Ordes comeza mañá venres, ás 21:30 horas na Praza de Veracruz, co espectáculo de lume Lenda das Meigas e co pregón a cargo do presentador e actor David Amor unha hora despois, no que é a primeira xornada desta festa grastronómica e cultural que pechará, contra as 23:30 horas, a orquestra Olympus.

O sábado a música abrirá a Festa do Champiñón ás dez da mañá coas formacións Embruxo Gaiteiros e a A.C. Leira. Será entón cando tamén abra as súas portas a exposición de maquinaria agrícola na explanada situada a carón do Campo da Feira. Moitos dos seus participantes poñerán en marcha os motores dos seus tractores ao mediodía para percorrer as principais vías da vila. Tamén haberá feira de artesanía con máis de 20 postos que se instalarán na carpa situada na alameda. En ambos casos  poderanse visitar tamén na xornada do domingo.

A charanga TNT terá unha dobre cita ás 13:30 e ás 20:00 horas. A cativada poderá gozar dunha sesión de teatro na alameda ás 18:30 horas coa obra Máis saaabor!, a cargo de KuKas. Unha comedia familiar protagonizada por Fran Rei e Félix Rodríguez e na que se converten en dous chefs cun plan, elaborar un menú do máis musical para todos os gustos.

PUBLICIDADE

Chegada a noite, a partir das 22:30 horas a música e os concertos sucederanse sen descanso, coas actuacións de Mekanica Rolling Band, Fillas de Cassandra e Heredeiros da Crus que pecharán a xornada do sábado xa ben entrada a madrugada.

O domingo a música máis tradicional volverá supoñer o arranque dunha xornada marcada pola celebración e a gastronomía e co champiñón como gran protagonista. Nesta ocasión o pasarrúas virá da man de A.C. Ardevento, Sementes da Arte e Camiño Real de Poulo. Ás 12:00 e ás 17:00 horas a charanga BB+ resoará por toda a vila.

Los Satélites e a París de Noia pechan esta edición da Festa do Champiñón

A Banda de Música de Ordes terá o seu momento á unha da tarde cando ofreza un recital a pé de rúa. Tras finalizar, o grupo Alaska arrancará o seu pase ás 14:00 horas. O fin desta nova edición da Festa do Champión virá da man de Los Satélites e París de Noia a partir das seis da tarde.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.