Pepe Cerqueiro, que foi socio da cervecería La Liga, punto de encontro dos afeccionados da SD en Primeira, logrou co Fútbol Gastrobar El Patio de veteráns varios campionatos galegos, copas e ligas de Santiago
Onte Compostela recibía a mala nova do falecemento do seu veciño José Iglesias Cerqueiro, coñecido como Pepe Cerqueiro, natural de San Cristovo de Erviñou en Val do Dubra. O coñecido hostaleiro da zona vella santiaguesa, que foi socio da cervecería La Liga nos anos nos que era o punto de encontro dos afeccionados da SD Compostela cando xogaba en Primeira, faleceu á idade de 58 anos.
Pepe Cerqueiro, que foi socio na cervecería La Liga dos ex futbolistas da SD en Primeira División, Franck Passi e Villena, estivo moi vencellado ao fútbol, presidindo e xogando no equipo de veteráns, que primeiro se chamou Restaurante Ribadavia e logo Fútbol Gastrobar El Patio, co que conseguiu varios campionatos de Galicia, varias Copas e varias Ligas de Santiago.
Pepe Cerqueiro recibirá sepultura esta tarde tras o funeral que se oficiará ás 16:00 horas na igrexa e cemiterio parroquial de San Cristovo de Erviñou no concello de Val do Dubra. Dende Bisbarra queremos transmitir as nosas condolencias á familia, amigos e achegados.