PUBLICIDADE

O Ames Jazz regresa ao Pazo da Peregrina na súa oitava edición

Acto de presentación da oitava edición do Ames Jazz que se desenvolve mañá venres e o sábado no Pazo da PeregrinaActo de presentación da oitava edición do Ames Jazz que se desenvolve mañá venres e o sábado no Pazo da Peregrina

O programa do VIII Ames Jazz, que se desenvolverá mañá venres e o sábado, inclúe concertos dos recoñecidos músicos galegos a nivel internacional Álvaro Vieito e Yago Vázquez

O Ames Jazz volve un ano máis ao Pazo da Peregrina coa celebración da súa oitava edición, unha iniciativa organizada pola Concellería de Cultura que se desenvolverá durante a xornadas do venres e o do sábado, 4 e 5 de xullo.

Nesta ocasión, o programa do VIII Ames Jazz inclúe os concertos dos recoñecidos músicos galegos deste característico estilo musical a nivel internacional, Álvaro Vieito, en trío, e Yago Vázquez, tamén en trío. Ademais, o sábado haberá, como principal novidade desta edición, unha sesión vermú, no local O Transistor, a cargo de Gloria Pavía e Rafa Morales, e o faladoiro A situación do Jazz e da música galega, con entrada libre e de balde.

O alcalde de Ames e concelleiro de Cultura, Blas García, destacou durante a presentación que “Ames vai seguir apostando polo Jazz. A cultura é moi ampla, diversa e variada, polo que temos que dar a oportunidade á veciñanza do concello, e aos da contorna, de poder escoller e ofrecer alternativas para chegar a todos os públicos”.

PUBLICIDADE

O festival VIII Ames Jazz comeza, mañá venres 4 de xullo ás 22:00 horas, co concerto de Álvaro Vieito Trío, guitarrista galego afincado en Sevilla dende hai moitos anos e que, a día de hoxe, é todo un referente no mundo do Jazz dentro e fóra da nosa comunidade. O artista está a presentar o seu novo proxecto en formato trío, no que o público poderá gozar dunha experiencia íntima.

Actuación dunha edición anterior do Ames Jazz que se desenvolve mañá venres e o sábado no Pazo da Peregrina
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.