A primeira edición do Ordes Music Fest desenvolveuse no Campo da Feira da vila, no que durante máis de seis horas os asistentes puideron gozar dos ritmos de DJ Goro, Kike Varela, Sote, Víctor Rivas, Toni Seijas, Rafa Stray, Adri Torres e Adrián Gold
O Ordes Music Fest, que organiza o Concello, cumpriu con todas as espectativas na súa primeira edición. O festival, que se desenvolveu a pasada fin de semana no Campo da Feira da vila ordense e superou o millar de asistentes, segundo indicacións da Policía Local.
Durante algo máis de 6 horas todas as persoas que asistiron ao Ordes Music Fest tiveron ocasión de moverse e gozar cos ritmos postos nos pratos por DJ Goro, Kike Varela, Sote, Víctor Rivas, Toni Seijas, Rafa Stray, Adri Torres e Adrián Gold.
Previamente, dende as 18:00 ata as 21:30 horas, a rapazada tivo o seu momento co Ordes Music Júnior, grazas ao cal puideron divertirse de balde con inchables e co touro mecánico. Durante toda a fin de semana, xa dende o venres, tamén houbo coches eléctricos.
Por outra banda, AECOR aproveitou a montaxe deste primeiro Ordes Music Fest para realizar o sorteo da campaña do seu bingo musical, e no que se repartiron cinco premios valorados en 120 euros, máis outro de 1.000 euros.




