PUBLICIDADE

Os cursos de iniciación ao Piragüismo de Ames abren a súa primeira quenda o 23 de xuño

O Concello de Ames e o Club Ribeiras do Tambre organizan un ano máis os cursos de iniciación ao piragüismo na praia fluvial de Tapia (Foto: www.ribeirasdotambre.wordpress.com/)O Concello de Ames e o Club Ribeiras do Tambre organizan un ano máis os cursos de iniciación ao piragüismo na praia fluvial de Tapia (Foto: www.ribeirasdotambre.wordpress.com/)

Os cursos de iniciación ao piragüismo de Ames están dirixidos á rapazada nada do 2011 ao 2017, desenvolveranse na praia fluvia de Tapia con prazas limitadas, dúas quendas e xa está aberto o prazo para formalizar as inscricións

Os cursos de iniciación ao piragüismo, que un ano máis organiza o Concello de Ames, desenvolveranse durante a última semana de xuño e nos meses de xullo e agosto na praia fluvial de Tapia. Esta nova edición da inciativa municipal, dirixida á rapazada nada do ano 2011 ao 2017, impartirase os luns, mércores e venres, de 10:45 horas a 12:00 horas.

Os interesados en participar nos cursos de iniciación ao pirgüismo terán como único requisito obrigatorio saber nadar. As prazas son limitadas, polo que é importante inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal. Esta actividade e mailos cursos de natación complementan a oferta de actividades deportivas municipais para o verán, trala presentación dos campamentos deportivos dos clubs e entidades deportivas de Ames.

A praia fluvial de Tapia acollerá os cursos de iniciación ao piragüismo, que impartirá o persoal do Club Ribeiras do Tambre, nunha iniciativa que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, e organizan conxuntamente o Concello de Ames e o club de piragüismo.

PUBLICIDADE

Os participantes terán que escoller entre as dúas quendas. A primeira será do 23 de xuño ao 18 de xullo, mentres que a segunda está prevista do 21 de de xullo ao 13 de agosto. A rapazada aprenderá todo o necesario para gañar autonomía no uso da piragua e adquirir as destrezas e habilidades básicas para practicar o piragüismo.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.