PUBLICIDADE

Santiago(é)Tapas premia como mellores petiscos aos do Artesana, da Bodeguilla de Santa Marta e o de La Morena

O Santiago(é)Tapas tamén recoñeceu as elaboracións en miniatura do Suso, Pico de Galo, A Maceta ou A Moa, ademais de repartir 37 lotes con agasallos entre o público participante nesta nova edición

Santiago(é)Tapas baixou onte o pano da súa décimo sétima edición co acto de entrega de premios que se desenvolveu na sala Mozart do Auditorio de Galicia. Un certame ao que se presentaron un total de 76 elaboracións de 48 locais composteláns, e cuxos gañadores resultaron do voto ponderado do xurado profesional (60 %) e do público (40 %).

Os tres principais premios desta nova edición recaeron no Artesana Gastrobar que levou o premio á Mellor Tapa Creativa coa elaboración Castelo da Rocha, un galardón dotado con 1.000 euros ademais de ser o petisco que representará a Santiago no concurso De Tapas por Galicia. A Bodeguilla de Santa Marta conseguiu o premio á Mellor Tapa Tradicional (1.000 euros) con Crocante de bacallau á galega, e o Café La Morena logrou con Ópera de Sordo o recoñecemento á Mellor Tapa Doce (1.000 euros).

O XVII Santiago(é)Tapas foi todo un éxito de participación, e segundo a alcaldesa Goretti Sanmartín tivo un impacto económico superior ao 150.000 euros “que reflicte a boa acollida do público e o papel deste concurso como motor de actividade económica no sector en temporada baixa”, incidiu durante o acto ao que asistiron os 10 locais finalistas que optaban aos galardóns.

PUBLICIDADE

O Castelo de Rocha do Artesana gañou ademais coa súa élaboración o premio á Mellor Tapa en Maridaxe con Viño, dotado con 500 euros en produto. O premio á Mellor Tapa en Maridaxe con Cervexa foi para o Suso co seu petisco Románico de transición, mentres que a Mellor Tapa con produto de DOP, IXP, Produción Ecolóxica ou Artesanía Alimentaria foi para Cáeche a babilla de Pico de Galo, dotado cun lote de produtos de Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL).

A Mellor Tapa Vexetariana/Vegana deste Santiago(é)Tapas, premio dotado con 400 euros en produto recaeu no A Moa con Dobre Cacao e o premio á Mellor Tapa Sen Glute, 200 euros en produto, foi para A Maceta que presentou a elaboración en miniatura Alfábega e cítricos.

Tamén recibiron unha chaquetiña cortesía da empresa Allwork, os 10 locais finalistas que foron A Maceta, con Alfábega e cítricosA Moa, con Dobre cacaoArtesana, coa tapa Castelo da RochaBodeguilla de Santa Marta, con Crocante de bacallau á galega; El Rincón de Yobeida, con TropicacheiraLa Morena, con Ópera de SordoOrixe, con Cordeiro de DiorO Sendeiro, con Macaron de SantiagoPico de Galo, con Cáeche a babillaSuso, con Románico de transición.

Os 48 establecementos participantes neste XVII Santiago(é)Tapas ofreceron un total de 76 petiscos, do 19 de febreiro ao 8 de marzo, vendendo máis de 33.000 unidades, incrementándose a cifra nun 10 % repecto ao ano pasado, na que se contabilizaron 30.000 tapas, e fronte ás 25.000 do 2024, primeira edición desde o cambio de novembro a febreiro.

Durante o acto de entrega de premios tamén se realizou o sorteo dunha estadía de dúas noites con almorzo no Hotel Gaio 7 en Santiago, cortesía de Vimbio, entre todas as persoas que votaron polas tapas a través dos códigos QR que se atopaban nos locais participantes.

O público participante neste XVII Santiago(é)Tapas, organizado por Turismo de Santiago co apoio da Deputación da Coruña, puido gañar ademais diversos premios por completar as diferentes (é)Tapas e rutas de interese especial no Tapasporte. En total repartíronse 347 lotes con agasallos como detalles especiais de Turismo de Santiago ligados a Compostela; produtos galegos de calidade diferenciada procedentes de DOP, IXP, Agricultura Ecolóxica e de Artesanía Alimentaria, de AGACALbotellas de viño Ponte da Boga, cervexas Estrella Galicialotes de Café Dromedario e ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galicia) e experiencias VIP para ver os partidos do Obradoiro CAB.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.