PUBLICIDADE

The Rapants estrea o seu novo álbum o 28 marzo no Multiusos de Sar en Santiago

Os integrantes de The Rapants que presentarán no Multiusos de Sar, en Compostela, o seu novo disco (Foto: The Rapants © Andrea Sánchez)Os integrantes de The Rapants que presentarán no Multiusos de Sar, en Compostela, o seu novo disco (Foto: The Rapants © Andrea Sánchez)

The Rapants estrea en directo o seu novo álbum. Será no Multiusos Fontes do Sar en Santiago o vindeiro 28 de marzo coa presentación do Rapants Club. As entradas para a concerto, no que se poderán escoitar por primeira vez ao vivo os temas do cuarto LP do grupo, poranse á venda este venres 16 de xaneiro, a partir das 12:00 horas, a través da plataforma en liña www.ataquilla.com

A banda muradá escollerou a súa cidade de adopción, Compostela, para dar a coñecer este novo traballo, un álbum cunha sonoridade moi especial que dá conta da evolución do grupo á vez que mantén a esencia e identidade rapante. Con Rapants Clubque verá a luz tamén no mes de marzo, The Rapants atrévese a experimentar. O cuarteto abre a porta a diferentes estilos musicais e con letras máis escuras; mais segue a por en valor o baile, as guitarras frenéticas, as sentenzas románticas e os retrousos memorables, todos eles aderezados coa naturalidade e a honestidade que caracteriza ao grupo. 

A inauguración deste Rapants Club será unha gran festa para a música en directo en Galicia, na que os rapantes darán as “jrasias por confiar” no seu proxecto. A alegría, o bo rollo, os pogos e, por suposto, un intenso tráfico aéreo daranse cita o sábado 28 de marzo na pista do Sar, nun evento que conta co apoio do Concello de Santiago.

PUBLICIDADE

The Rapants abre así no gran recinto indoor compostelán unha nova etapa na que explorará novos escenarios e retos no seu directo, logo de sumar dous anos de grandes éxitos e concertos multitudinarios desde aquel dobre sold out que acadou en cuestión de minutos pola estrea de La máquina del buen rollo (Premio MIN ao Mellor Álbum en Galego 2024) na Sala Capitol

The Rapants, pecha a xira La máquina del buen rollo

Precisamente o vindeiro 28 de febreiro, un mes antes da presentación de Rapants Club, os rapantes pecharán a xira de La máquina del buen rollo en Bruxelas, no marco dun evento moi querido pola banda e que deu pé ao nacemento do seu tema Rue Franklin: o Festival Emigrason. Antes da cita europea, os muradáns actuarán en Zaragoza (6 de febreiro) e Bilbao (7 de febreiro) como parte da programación dos festivais Inverfest e Negufest, respectivamente. Tres datas fóra de Galicia antes do seu regreso a Compostela, por todo o alto, o 28 de marzo.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.