PUBLICIDADE

A IV Poseidon Race congrega a máis dun milleiro de deportistas no Aquapark de Cerceda

A IV Poseidon Race de Cerceda coverteu o parque acuático no epicentro das carreiras de obstáculos con máis dun milleiro de participantesA IV Poseidon Race de Cerceda coverteu o parque acuático no epicentro das carreiras de obstáculos con máis dun milleiro de participantes

A Poseidon Race, carreira de obstáculos que organiza o OCR Cerceda coa colaboración do Concello, reuniu no Aquapark a 1.088 deportistas procedentes de Galicia, España, Portugal, Bélxica, Dinamarca e Sudáfrica

A cuarta edición da Poseidon Race, carreira de obstáculos que organiza o club local OCR Cerceda coa colaboración do Concello, superou todas as espectativas de participación cun total de 1.088 persoas, procedentes de todo o país e tamén de Portugal, Bélxica, Dinamarca, Alemaña e mesmo de Sudáfrica, que se deron cita no Aquapark o pasado sábado 31 de maio.

A IV Poseidon Race comenzou ás dúas da tarde coa saída da categoría Elite, para logo saír de xeito progresivo o resto de modalidades: Starter, Parellas e Popular. O percorrido que tiveron que afrontar os deportistas combinou zonas do propio parque acuático con espazos naturais da súa contorna. Un circuíto deseñado para poñer a proba a forza, a resistencia e a habilidade dos participantes, con retos de suspensión, puntería, equilibrio e axilidade.

Os deportistas na categoría Elite tiveron que afrontar un percorrido de 10 quilómetros cun total de 60 obstáculos, mentres que no resto de modalidades completaron un traxecto de 8 quilómetros con entre 45 e 50 obstáculos, dependendo da categoría.

PUBLICIDADE

Unha das grandes novidades desta edición foi a incorporación do Poseidon Cross Solidario, unha iniciativa a prol da Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM), que contou cunha destacada acollida por parte do público e dos deportistas. A dimensión solidaria e o compromiso social da carreira sumáronse así á súa vocación competitiva, xa que a proba estivo incluída na Liga OCRA Galicia, Liga Nacional AOCO, Liga North Finals e foi clasificatoria para o campionato mundial OCRW.

Durante o acto de peche, celebrado no propio recinto, o alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, amosou a súa satisfacción polo desenvolvemento do evento e destacou “o impacto positivo que unha cita coma esta ten para a proxección do noso concello, tanto a nivel deportivo como turístico”. Pola súa banda, Álvaro Sánchez, presidente do club OCR Cerceda, agradeceu novamente o apoio do Concello e salientou que “cada edición supera a anterior, e xa estamos a pensar en como facer da seguinte Poseidon Race unha experiencia aínda máis completa”.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.