PUBLICIDADE

O alumnado das Escolas Deportivas Municipais do Pino pecha o curso cunha exhibición

Os 200 nenos e nenas das Escolas Deportivas Municipais demostraron as habilidades aprendidas durante o curso nas diferentes modalidades: patinaxe, ximnasia rítmica, multideporte, fútbol sala, baile moderno ou badminton

O Concello do Pino clausurou, o pasado xoves 29 de maio o curso escolar 2024-2025 das Escolas Deportivas Municipais (EDM), nas que participaron 200 nenos e nenas, cunha exhibición no polideportivo de Reboredo na que os menores puideron amosar os avances que adquiriron nas diferentes disciplinas.

Ao remate das exhibicións do alumnado das EDM, o alcalde do Pino, Manuel Taboada, e o concelleiro de Deportes, Borja Castro, entregáronlle medallas a todos os participantes e unha placa conmemorativa aos monitores e monitoras das escolas. Familiares e amigos aplaudiron con ganas todas e cada unha das demostracións.

O alumnado do nivel 1 de patinaxe foi o que abriu esta exhibición que xuntou a centos de persoas no polideportivo de Arca. Psicomotricidade, ximnasia rítmica, multideporte, fútbol sala, baile moderno, bádmiton e patinaxe son as disciplinas que ofreceron este curso as Escolas Deportivas Municipais do Pino e que se puideron ver no polideportivo.

PUBLICIDADE

O alcalde, Manuel Taboada, agradeceu a implicación e á participación de todos os nenos e nenas que acoden ás escolas deportivas, e desexoulles un bo verán a todas e a todos. Despois de entregarlle as medallas conmemorativas e das placas, realizaron unha foto de familia con todas as persoas participantes que puxo o colofón á xornada de clausura do curso.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.