PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Clubs deportivos de Ourense e da Mariña poñen en marcha unha recollida solidaria de libros

O AB Xinzo participa xunto a outros clubs de Ourense e da Mariña na recollida solidaria de libros e xogos educativos para os afectados pola DANAO AB Xinzo participa xunto a outros clubs de Ourense e da Mariña na recollida solidaria de libros e xogos educativos para os afectados pola DANA

Os clubs deportivos de Ourense e da Mariña, BXT Celanova, CB Allariz, AB Xinzo, Iberia e Celtas de Foz enviarán os libros á rapazada afectada pola DANA

Clubs deportivos de Ourense e da Mariña veñen de aunar forzas para a recollida solidaria de libros e xogos educativos que se destinarán aos nenos e nenas e aos centros educativos afectados pola DANA en Paiporta, Valencia, o pasado mes de novembro.

Así os clubs deportivos BXT Celanova, CB Allariz e AB Xinzo, da provincia de Ourense, e os lucenses Iberia CF e Celtas de Foz, e segundo as indicacións da concelleira de Educación e Deportes de Paiporta, Susana Moreno, solicitan a doazón de libros infantís (crianzas de 1 a 6 anos), libros xuvenís así como xogos educativos, plastilina e puzzles.

Trátase dun proxecto solidario, cultural e deportivo, que une a clubs deportivos de Ourense e da Mariña para axudar aos afectados pola DANA”

O material, que se recepcionará nas instalacións dos cinco clubs deportivos que se xuntaron para poñer en marcha esta iniciativa solidaria, será enviado a Paiporta a finais do mes de decembro, co obxectivo de axudar á recomposición das aulas e centros educactivos afectados pola DANA.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.