A segunda edición da Carreira pola Igualdade de Barbadás, proba non competitiva, celebrouse o pasado domingo polas rúas da Valenzá con éxito de participación
As rúas da Valenzá, no Concello de Barbadás, tinguíronse, o pasado domingo 16 de marzo, de rosa a prol da igualdade, coa celebración da II Carreira pola Igualdade. A cita deportiva, non competitiva, que enmárcase dentro da programación municipal do 8M, congregou a preto de 400 persoas de todas as idades que desfrutaron dunha xornada de deporte, reivindicativa e inclusiva.
A concelleira de Igualdade de Barabadás, Elisabet González, agradeceu a elevada participación e remarcou a importancia de acadar unha sociedade xusta para homes e mulleres. “Hoxe gañamos todos e todas”. Antes do comezo da carreira, Fernando González, veciño con mobilidade reducida e participante na proba, reinvindicou a necesidade de lograr unha inclusión real. “Todas as persoas temos un lugar no mundo e a inclusión e a ponte que nos permite descubrir odo o que podemos facer xuntos”, precisou.
Ao remate desta segunda edición da Carreira pola Igualdade, os participantes entraron no sorteo de máis dunha vintena de agasallos como xamóns, bonos para empregar no comerzo local, almorzos ou un móbil. Dende o Concello agradecen a importante implicación e colaboración das empresas da vila con esta inciativa reivindicativa.