PUBLICIDADE

Luis Menor recibe á directiva do Antela CF polo seu triplo ascenso en diferentes categorías

A directiva do Antela CF entregoulle unha camisola ao presidente da Deputación, Luis Menor, quen felicitou ao club polo seu triplo ascensoA directiva do Antela CF entregoulle unha camisola ao presidente da Deputación, Luis Menor, quen felicitou ao club polo seu triplo ascenso

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial á membros da directiva do Antela CF, a quenes felicitou “vivamente pola extraordinaria tempada” que veñen de rematar cun triplo ascenso dentro do club, “un fito histórico” no fútbol provincial e incluso autonómico.

O filial do Antela pechaba no mes de xuño este triplo ascenso tralos conseguidos polo primeiro equipo e o xuvenil, logrando así “unha tempada histórica” para a entidade de A Limia.

Durante o encontro fixeron un repaso polo labor futbolístico do Antela CF que conta cunha “extraordinaria canteira” -dixo Menor-, na que centos de rapaces se forman, un labor que transcende o ámbito municipal e chega a toda a comarca, sendo o club de referencia para toda a Limia.

PUBLICIDADE

Na xuntanza, o presidente provincial comprometeuse a manter “o apoio” da Deputación ante “este enorme traballo e grandes resultados” para colaborar coa entidade deportiva nos seus gastos de funcionamento, así como para na recente mellora das instalacións do campo de fútbol no que xogan as categorías inferiores.

Neste sentido, Luis Menor comprometeuse a continuar mellorando as instalacións desta infraestrutura deportiva, tal e como solicitou a directiva, para dar servizo a “esa enorme masa social” que ten este histórico club da provincia.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.