PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Ortigueira achega 45.000 euros a ASPROMOR

PorBisbarra

Xoves, 14 Novembro 2024 , ,
O alcalde de Ortigueira e a presidenta de ASPROMOR asinaron o convenio de colaboración.Ortigueira e a presidenta de ASPROMOR asinaron o convenio de colaboración.

O Concello de Ortigueira achegará á Asociación Pro Minusválidos de Ortegal (ASPROMOR) unha subvención nominativa polo importe de 45.000 euros. Así o estipula o convenio que asinou o alcalde ortigueirés, Valentín Calvín, coa presidenta da entidade, Isabel Lorenzo Serantes.

Esta axuda municipal estará destinada a apoiar os proxectos e programas que a asociación desenvolve en beneficio das persoas con discapacidade da comarca. Así mesmo, permitirá avanzar nas distintas iniciativas enfocadas a mellorar, adaptar e modernizar os servizos de ASPROMOR. Así pois, inclúe o desenvolvemento dun taller de carpintería prelaboral, que contará cun investimento en equipamento, maquinaria e ferramentas para formar e capacitar ás persoas usuarias. Ademais, contribuirá a implementar un proxecto de mellora integral da calidade dos servizos que ofrece a asociación.

A maiores, o convenio prevé facilitar o transporte en saídas de ocio e excursións, axudando a mellorar a integración e participación nas actividades da entidade.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O rexedor de Ortigueira destacou a importancia deste convenio e sinalou que “é unha mostra do compromiso do noso concello co benestar e a inclusión de todas as persoas de Ortigueira”. Así mesmo, respaldou o papel fundamental de ASPROMOR na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade e as súas familias.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.