Sábado. 29.06.2024

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participou o pasado 22 de maio no acto de inauguración da exposición da obra do ilustre escritor, xornalista e historiador ferrolán Benito Vicetto, e que se pode visitar na biblioteca municipal da praza de España.

O alcalde Ferrolán destacou varios títulos deste prolífico autor, considerado como un dos precursores do Rexurdimento, que desempeñou un papel chave na cultura galega e lembrou que o Pleno do Concello de Ferrol acordou nomealo fillo predilecto da cidade.

“Unha homenaxe que se suma ás xa existentes, como a rúa de Ferrol Vello que leva o seu nome, ou o busto ubicado na xardín da Ranita”, explicou o alcalde na inauguración da mostra. 

Rey Varela invitou á cidadanía a visitar a exposición da obra de Benito Vicetto con motivo desta exposción, que se poderá visitar ata o vindeiro 16 de xuño.