Sábado. 29.06.2024

O Son do Camiño 2024 pechou, o pasado sábado 1 de xuño, tres xornadas da música máis interxeracional, coa mistura de todos os estilos e dos artistas que son última tendencia nas plataformas dixitais. Un cartel pensado para todos os públicos que reuniu no auditorio do Monte do Gozo de Santiago a unhas 126.000 persoas, 42.000 por xornada, procedentes de 26 países diferentes, o que obrigaou á organización a poñer o cartaz de Sold Out.

(Galería de fotos do Festival aquí).

O principal cabeza de cartel, o grupo de punk-rock dos 90, Green Day (Foto: N. Navaza)
O principal cabeza de cartel, o grupo de punk-rock dos 90, Green Day (Foto: N. Navaza)

Formacións e artistas do panorama nacional e internacional das décadas dos 80 e dos 90, como a banda de punk-rock Green Day, principal cabeza de cartel, os británicos de electro-pop Pet Shop Boys, La Oreja de Van Gogh, Love of Lesbian, ou as máis actuais como Arde Bogotá, The Interrupters ou Thrirty Seconds To Mars fueron obxecto do público denominado boomer polas novas xeracións, as cales acudiron ao Monte do Gozo para desfrutar dos sons, da música moderna e do baile con J. Balvin, Myke Towers, Fernando Costa, Tom Odell, Ana Mena, Baiuca ou Natos e Waor, entre outros. 

(Galería de fotos do Festival aquí).

O rapeiro Fernando Costa durante a súa actuación no Son do Camiño (Foto: N. Navaza)
O rapeiro Fernando Costa durante a súa actuación no Son do Camiño (Foto: N. Navaza)

Para os amantes da música electrónica, a organización desta nova edición do Son do Camiño incluíu como novidade o escenario Son Electro polo que pasaron picadiscos de renome como Kalte Liebe, Trym, Kike Varela, Vitalic, Jenrik Schwarz, Ben Hemsley ou Viviana Casanova entre moitos outros.

O festival foi un éxito de participación e asistencia, máis o vento fixo presencia durante as tres xornadas, pero foi só na primeira, durante a actuación do principal cabeza de cartel Green Day, cando eolo fixo das súas, afectando ao son como xa fixera no ano 2004 no concerto dos californianos Red Hot Chili Peppers.

O público, principalmente nas zonas medias e altas do auditorio, disgustado ao escoitar meior á xente que tiña ao seu carón que a Green Day, comezou a abandoar o Monte do Gozo, mentres a formación estadounidense o daba todo encima do escenario, cun problema alleo a eles e que a organización, insistiu, foi causado polo forte vento, que tamén tivo a súa presenza durante o venres e o sábado, máis non afectou ás actuacións.

(Galería de fotos do Festival aquí).

O grupo británico Pet Shop Boys cantou todos os seus hits dos anos 80 (Foto: N.Navaza)
O grupo británico Pet Shop Boys cantou todos os seus hits dos anos 80 (Foto: N.Navaza)

(Galería de fotos do Festival aquí).